lunes, 31 de agosto de 2015

É "masa", que non "fariña"

Queridos galegos... coma nos vimos dunha cultura onde do gran faise fariña, e logo ca fariña preparanse cousas, e ademáis o único producto mexicano que vemos nas tendas é Maseca, podenos parecer que o millo para tamales, tortillas, atole e demáis ven de fariña ...

Para nada, as tortillas son de masa, pois comezan co gran, logo o cociñan con cal, logo é cando se tritura todo quedando a masa. En ningún momento queda fariña.

Aquí o amigo Yuri (levo querendo poñer un video seu no blog) explicanos todo isto:



Bueno, pois claro, un pensa que nunca vai poder chegar a facer a súa propia masa na casa (se vichedes o video entenderedes porqué). Pero vai o outro día fixen un descubremento: nas tortillerías podes comprar masa xa feita por quilos e logo facer os teus choios na casa.  (Nota importante, non en todos, pero si en case todos).

Así que o outro día voltei por casa co meu kilo de masa (equivalente a uns 50 centimos de €) e comencei.

Antes de nada, se algún día conseguides masa dunha tortillería.



A masa natural é bastante seca e quebradiza. Hai que engadirlle moi, moi, moi pouca auga. E traballar en ela ata que sexa elástica. Nota, contariamente á masa feita con fariña de trigo, non se pega moito, e bastante comoda de traballar.


O problema que ten e que é moi, moi quebradiza. Cando lle tes dada a forma (tortilla ou outra cousa) tes que movela coma se fora de cristal. Se escacha, pois a comenzar de novo.



O que si que xa sabedes case todos é que aquí as tortillas preparanse cunha prensa, e envolta en 2 plasticos, para evitar que se queden pegadas.

Pregunta ¿porque se fan cunha prensa e non cun rodillo coma fan co pan en España? Pois coma xa dixen antes, porque a masa de millo (que entre outras cousas non ten gluten, que ademáis de enfadar ó dono de Mercadona, é moi importante en dar consistencia á masa de trigo) é máis quebradiza. Se lle metes presion nunha superficie pequena (o rodillo apreta so nuns centimetros conforme vai rodando) fastidialo. Por iso, prensa.

Ah, a tradición Mexicana non é usar a prensa: a tradicion é tortear. Tortear é poñerse cas mans e a masa da tortilla a dar palmas mentras xiras a masa e facer o disco. Un arte dificil e complicado (eu só torteo cando vou facer algo gordo como uns sopes).

Quesadillas

O principal obxetivo cando me decidín a comprar a masa foi facer quesadillas. Mentras que co resto das cousas feitas con masa os mexicanos modernos aceptan que estén feitos con cousas xa preparadas (tortillas de bolsa, sopes refrigerados, chalupas conxeladas)... as quesadillas teñen que ser feitas no momento. Porque as quesadillas están boas se o compango quentase mentras fai a tortilla, e sobre todo a tortilla ten que facerse a lumete forte (que cunha tortilla xa a medio cociñar non consegues o resultado). 




Quedaronme bastante asá, pero nenos, o sabor da masa torrada no comal esta a anos luz de calqueira tortilla de bolsa. 

Tlacoyos

¿Que son os Tlacoyos? Eu non lembro ter visto tlacoyos en ningún restuarante mexicano en España. De feito tampouco teño visto tlacoyos en moitos restaurantes aquí.  De feito son un plato casi específico dos tinglados da rúa (e principalmente feitos por mulleres, coño caín nun tema raro: nos puestos de tacos e tortas normalmente son todo homes, pero nos puestos de quesadillas e tlacoyos soen ser mulleres ¿en México só as mulleres poden tocar a masa?). 

O tlacoyo tampouco é complicado:

 Fas unha tortilla
 Meteslle dentro un pouco de frijol esmagado
Pechalo así con forma ovalada
 Falos polos dous lados ...
 Eu cubrinos de salsa de tomate  cru (do verde, o outro lembrade que é jitomate) con chile e cebola. Nota, o tomate crú, é ainda máis ácido e ten un sabor bastante forte (incluso seica é indixesto). Como total é só salsa e non vou comer gran cantidade de ela, pois arrisco. O bó é que o sabor é super refrescante. Moi acido, pero con sabores case cítricos. Moi chistoso.
 Primeiro a salsa
 Logo a cebola
E logo un pouco de queixo rallado (eu usei Queso Cotija). (Unha cousa importante, non usedes de ese queso rallado en sobreciños que venden nos supers, eso nin queixo é é unha graxa vexetal ou unha merda así, en serio: mercade un queso, o que queirades, e rallade nel. Pero bueno, facede o que carallo vos pase pola cabeza) 

No hay comentarios: