Aquí en México hay dos estilos de marisco: los platos del sur le ponen catsup Por contra en el norte, hacen el marisco más claro sin tanta salsa.Imos ver .... eu coido que é certo.
Este de aquí é un plato típico do norte: Aguachile de camarón.
Se cadra nesta foto, coma ten varios tipos de marisco (camarón, pulpo e callo), e a salsa é negra (o habitual é vermello ou verde), pero en realidade o marisco vai apenas curado con limón e picosísimo chile. Logo ponselle unhas hortalizas e xa vai.
Pa comparar, un plato típico Veracruzano: o cocktel de camarón.
Y ya llegaron las vacaciones!! Un cocktel de camarón y una cerveza? pic.twitter.com/WWVGsBhEOk
— Turismo en México (@TurismoMexicoMX) April 12, 2014
Bueno, a idea é medio parecida, ca diferencia que leva tomate e salsas picantes comerciales.Eu son moito máis do aguachile, o cocktel non me gusta nada.
Imaxino que para un galego, calqueira dos dous platos é un pouco unha aberración: demasiada cousa. Pero bueno, no caso do aguachile, básicamente é marisco acompañado cuns cantos vexetais (cebola, pepino e aguacate), que de feito podes ou non comer. Iso sí, picante.
O aguachile especialmente: habitualmente os aguachiles son algúns dos platos máis picantes da comida mexicana. Usase un chile especialmente picante: o chiltepin. Supoño que vos sorprenderá, pero nunha marisquería mexicana é onde habitualmente teñen as salsas máis bravas. (Bueno, as salsas máis intensas, pero non as máis persistentes: iso é outro tema os mexicanos distinguen moi ben entre o picante que arde e o que deixa a un "enchilado").
Nota amigos galegos: se queredes probar un aguachile, non tedes que viaxar a Sonora ou Sinalóa. Podedes pasar por Lalín, onde no Restaurante Molinera fan a súa versión do aguachile:
Aguachile de navajas y xurel no Molinera: un dos platazos do ano, fresquiño è un chisco picante pic.twitter.com/MonIWxUBzB
— Laconada Press (@laconada) December 13, 2014
Ocasionalmente (hai que estar atentos, porque non é habitual) hai aguachiles en Santiago.
AGUACHILE de xarda, ZACAHUIL de raxo e xeado ENCHILADO de postre. Estes xoves mexicanos do @PazodeAltamira son dignos de Huitzilopochtli. ^^
— Snob Megalove (@Snob) March 12, 2015
Tamén lembro ter tido novas de que algún outro restaurante galego tivo aguachiles na súa carta. Pero en iso teredes que axudarme os que vivades polo país.
1 comentario:
Gran artículo, nosotros en Punto Mixto te felicitamos por poner en contexto esta información sobre nuestra gastronomía.
Publicar un comentario