sábado, 19 de septiembre de 2015

O grito, a cena: o 15 de Setembro


Todos os que vedes series americanas ou ledes webs gringas seguramente pensades que o 5 de Maio (o día seguinte do día de StarWars, BTW) é a festa nacional mexicana. Bueno, en realidade non: o 5 de maio é o día da Batalla de Puebla, que é unha comemoración, pero nen é festivo nen ten moita celebración.

A festa grande en México é o día da Indepencencia: o 15/16 de Setembro, tamén coñecida polo día do Grito. (O que se celebra é o comenzo da indpendencia, porque a independencia efectiva foi uns 11 anos despois).

Nesta festa, ademáis das celebracións oficiais e diversos eventos, aproveitando que o día seguinte é festivo, é moi habitual que as familias mexicanas xuntense e celebren unha cea (e unha comida) de celebración. É un pouco coma un Nadal, for do Nadal.

Para estas celebracións hai uns cantos platos moi tradicionais (na Cidade de México):

  • Chile en Nogada: este é o plato oficial da independencia de México, de todas formas, por ser complicado de facer e bastante costoso, o certo é que vexo que a maioría non o prepara 
  • Pambazos: unha torta (bocadillo) de pataca e chourizo, no que o pan está adobado con salsa de chile (non moi picante) e frita 
  • Antojitos mexicanos (fritos na maioría): como quesadillas, tacos dorados (enrollados e fritos)
  • Tostadas de pata (a opción preferida): a cartilaxe da pata da vaca, conservada en vinagre (é unha cousa que se pensas que é pode dar reparos, pero tal coma a preparan queda dureira e é gustosa para comer - non, non queda coma a pata dos callos)  
  • Pero coma todo o mundo quere tomar tostadas de pata, esgótase e entón a xente fai tostadas de tinga no seu lugar. 
  • E tamén é moi habitual (para a xente que se sinta capaz, porque é considerado un plato moi pesado para a cea): pozole 
Este ano tiven a sorte de ser invitado por uns amigos mexicanos a cenar a comida típica e estiven axudandolles a preparar a cea.

Comparto aquí unhas cantas fotos para que vexades ...


Isto que vedes en primeiro plano chámano en México un anafre: e o que vos chamadiades en España, unha barbacoa (pero en México non lle chaman barbacoa, porque barbacoa é outra cousa). Aquí existe tradicionalmente este modelo rectangular usao todo o mundo: cando van a comer no monte, pois levano, e coma vedes incluso se usa na casa (supoño que para lle dar un sabor especial á comida de esta festa).

 Esto que estamos cociñando no anafre (con aceite) son unhas quesadillas de queixo (nota, outro día xa explico todo o lío das quesadillas sin queso).



E aquí é onde preparamos os pambazos: mollamos os bolos na salsa, freimola ata que esté "dorado", e logo metemoslle dentro un giso de pataca con chourizo. (Cando se serve, a xente engadelle salsa picante, queixo molido, crema e leituga).

Bó proveito a todos!

No hay comentarios: