martes, 16 de abril de 2024

Terras do Navia: Adega Sidrón

Hai un par de anos apareceron as novas IXP de viño en Galicia: Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Terra de Barbanza e Iria, Val do Miño-Ourense e Terras do Navia. E de todas estas unha das que máis curiosidade me daba era a de Terras do Navia

Eu non coñezo moito a rexión do val de Navia, pero a idea de que se poidese dar viño a pe dos Ancares facíaseme moi exótico e extraño. Extraño porque eu non sei tanto de viños e por outro lado tempos un pouco de prexuizos (en Francia e Italia, pegado ós Alpes teñen viños ben prestixiosos). 

O choio é que quedaba ca curiosidade porque non daba probado os viños, non os via por ningún lado e non sabía coma serían. Pero todo cambiou de maneira curiosa cando fun o outono pasado á feira Castes en Vilagarcía

Alí entre todas as mestas topei con estas botellas: eran os viños de Adegas Sidrón é detrás da mesa estaba Rosa deixando probar os seus viños: 

E aquilo foi toda unha sorpresa. Cando probei os viños, eu esperaba (estando tan ó norte e alí nas montañas) que serían viños de estes con pouca graduación, moi frescos (ou ácedos se queredes ser malos). Pero non...  probei os viños eran moi cálidos. Potentes, con boa estructura, e cunhas uvas e uns aromas moi orixinais (especialmente nos brancos lexítimos). 

Quedei co folleto e quedei ca idea de achegarme por Negueira de Muñiz para coñecer ese val, e de poder ser posible visitar a Adega Sidrón. No caso de Sidrón a cousa está fácil porque comparten Adega e Restaurante: Adega Sidrón e o Restaurante Sidrón. Así que en decembro arranxei unha viaxe, reservei para comer no restaurante e visita á adega. 

Moitos coñecedes Negueira de Muñiz e o val de Navia. Se chegades alí dende a Fonsagrada, baixades por entre uns bosques pero cando estades chegado ó encoro, na marxe leste do val veredes que hai hortiñas, froiteiras e ... de cando en cando pequenas pareclas con vides. Tal coma me contara Rosa, esa parte do val ten un clima moi moderado que lles da para cultivar moitas cousas. 

Do restaurante Casa Sidrón xa escribin un post, e hoxe voume centra na adega. As vides de Sidrón están localizadas no lugar de Pieiga (de feito os viños levan o nome do lugar: DPieiga) nos arredores da casa da familia. E cousa curiosa (e que é así porque a casa esta construida nunha ladeira) que a adega esta por riba da casa:  


Para os que teñades visto adegas comerciais de Rias Baixas e Ribeiro, vanvos parecer pequenos. Pero claro aquí é outro conto. Son adegas pequenas, e con pouca producción (pero co tempo a cousa xa crecerá, e xa verán coma fan).

Coma xa é standard en Galicia, fermentación en inox. E para algunhas das súas elaboracións máis selectas, pois os viños pasan por barrica. 


De feito aquí en primeiro plano tedes as barricas dos tintos A Valía (monovarietal de Tinto Sorodo) e A Marcada (Mencía, Albarín tinto, Merenzao). E ó fondo esta onde envellece o Pizcos (monovarietal de Blanco Lexítimo). 


Eu cando estiven alí de visita bebín media botella do Pizcos e trouxen unha para casa. (Coma vedes na etiqueta, non vai a haber moitas botellas de esa por ahí adiante, hai que aproveitar). O que me encatou do Pizcos é que por un lado está a parte aromática moi orixinal que ten a Blanca Lexítima, voluptuoso no sabor e con boa estructura. Fresco pero ben equilibrado. Eu coido que vai a permitir moita gardas. Así que esa botella quedará na casa uns anos, e xa veremos coma foi. 


E non podía marchar de alí sen traer máis botellas. Coma digo, non esta sinxelo comprar viños de Terras de Navia. Así que viuse conmigo esta moi orixinal A Valía. Iste é un viño de esto que din "de pago", porque son todas uvas da viña A Valía, e de Tinto Sorodo. Uva da que non sei moito, pero vou ver se aguanto as gans de probar. Coma co Pizcas a miña idea é deixalo un tempiño que vaia afinando na botella. Promete, promete moito. 

Coma xa comentei ó principio eu quedei ben sorprendido cos viños de DPieiga. Se cchegachedes ata aquí se cadra estades pensando en conseguir algún... Bueno, xa buscaredes online pero non son viños baratos. Fan ben, son producción moi escasa e supon bastante coste producilos. E o resultado coma dixen da viños con complexidade e boa capacidade. E lóxico que lles poñan o precio que merecen. 

Se queredes facer a visita e se queredes ir polo restaurante pois recomendo chamar e acordar con eles se queredes reservar ou visitar: Casa Sidrón

Por certo deixo aquí uns cantos enlaces por se queredes saber algo máis sobre Adega Sidrón e os viños de Terra de Navia: 

No hay comentarios: