O choio é que quedaba ca curiosidade porque non daba probado os viños, non os via por ningún lado e non sabía coma serían. Pero todo cambiou de maneira curiosa cando fun o outono pasado á feira Castes en Vilagarcía.
E aquilo foi toda unha sorpresa. Cando probei os viños, eu esperaba (estando tan ó norte e alí nas montañas) que serían viños de estes con pouca graduación, moi frescos (ou ácedos se queredes ser malos). Pero non... probei os viños eran moi cálidos. Potentes, con boa estructura, e cunhas uvas e uns aromas moi orixinais (especialmente nos brancos lexítimos).
Quedei co folleto e quedei ca idea de achegarme por Negueira de Muñiz para coñecer ese val, e de poder ser posible visitar a Adega Sidrón. No caso de Sidrón a cousa está fácil porque comparten Adega e Restaurante: Adega Sidrón e o Restaurante Sidrón. Así que en decembro arranxei unha viaxe, reservei para comer no restaurante e visita á adega.
Moitos coñecedes Negueira de Muñiz e o val de Navia. Se chegades alí dende a Fonsagrada, baixades por entre uns bosques pero cando estades chegado ó encoro, na marxe leste do val veredes que hai hortiñas, froiteiras e ... de cando en cando pequenas pareclas con vides. Tal coma me contara Rosa, esa parte do val ten un clima moi moderado que lles da para cultivar moitas cousas.
Do restaurante Casa Sidrón xa escribin un post, e hoxe voume centra na adega. As vides de Sidrón están localizadas no lugar de Pieiga (de feito os viños levan o nome do lugar: DPieiga) nos arredores da casa da familia. E cousa curiosa (e que é así porque a casa esta construida nunha ladeira) que a adega esta por riba da casa:
Coma xa comentei ó principio eu quedei ben sorprendido cos viños de DPieiga. Se cchegachedes ata aquí se cadra estades pensando en conseguir algún... Bueno, xa buscaredes online pero non son viños baratos. Fan ben, son producción moi escasa e supon bastante coste producilos. E o resultado coma dixen da viños con complexidade e boa capacidade. E lóxico que lles poñan o precio que merecen.
Se queredes facer a visita e se queredes ir polo restaurante pois recomendo chamar e acordar con eles se queredes reservar ou visitar: Casa Sidrón.
Por certo deixo aquí uns cantos enlaces por se queredes saber algo máis sobre Adega Sidrón e os viños de Terra de Navia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario