domingo, 15 de enero de 2012

Cen anos de Celso Emilio: Pata de Poeta en Celanova

Deixamos atrás o ano do centenario de Álvaro Cunqueiro e comezamos o ano do centenario de Celso Emilio Ferreiro.


E que mellor maneira que comezar as celebracións ca achegarnos a visitar a súa tumba para lle rendir de maneira pequeneira honra (esperemos que contrariamente ó que pasou con Cunqueiro, haia unha chea de homenaxes oficiais e todo tipo de eventos).

E sendo Celanova terra de poetas (Celso Emilio, Curros Enriquez, Mendez Ferrín), tamén teñen un plato adicado á poesía: pata de poetas no Forno de Lito - un clásico no bó comer de Celanova.

Antes de meternos en fregados, a pata de poetas é un plato típico de Celanova, porque se pode tomar no Forno de Lito, que está en Celanova. E Lito faino porque xa había tradición de facer este plato no desaparecido Hostal Comercial. Pero é un plato que se facía máis sitios antiguamente, e de feito aparece mencionado no famoso La Cocina Práctica de Picadillo. Esto non é ningún descrédito para Lito, todo o contrario, é un mérito, que se teña esforzado en manter e mellorar un plato que tradicionalmente se perdeu en outros sitios, pero que ninguén pense que é un prato tradicional que se fai nas casas da xente de Celanova.

Chipiróns encebolados

Riles con sesos

3 racións de pata de poeta

Pata de Poeta co seu xamonciño, chourizos e patacas

Requeixo con mel
Para xente que sexades un pouco mixiricas, encantávos este menú: riles con sesos e logo a pata de poeta. ¿Que é a pata de poeta? Pois é unha pata de tenreira, cocida durante un día enteira, para que os cartílagos e tecidos conxuntivos vaian ablandando, e logo sácanselle con coidado os osos e tendóns, para que quede unha peza brandiña coma de medio quilo (proteina pura, cero graxa). Logo, rebozase en ovo e fríese e acompañase cun rustido de chourizos e xamón, e unhas pataquiñas cocidas. Unha viaxe en pleno século XXI a comezos do ségulo XX.

Recomendo moitísimo ver a foto (e ler o texto de Manolo) da Pata de Poeta na que se ve perfectamente ó aspecto ó detalle do plato:

A Pata dos Poetas: receitas de contundencia e sabor decimonónico en Celanova

Para aqueles que non se vexan con ánimo, ou que non gusten de comer estas partes non tan nobres (pero igualmente saborosas) dos animais, o Forno de Lito ofrece carne de tenreira excelente, un bacallao ó forno famoso e moitos máis pratos...

Todo esto que vedes nas fotos, dúas botellas de viño, unha de auga, 6 cafés ... para 7 persoas por 22€. Mellor non vos hai!

O Forno de Lito (http://www.ofornodolito.es/)
Plaza de Cervantes, 12
32800, Celanova (Ourense)
Telefono: 988 432 105

O detallazo:

Faiseme ben raro o de facer o típico post de mostrar o que comemos, falar do ben que nos trataron e recomendar o sitio. Veña, teño que facer unha das miñas... e unha das miñas é fixarme moito nas pequenas cousas. De feito coido que os restaurantes interesantes notanse moito por pequeniños detalles (xente que se esforza que as cousas sinxelas sexan sobresaintes da por seguro que poñen moitísimo coidado cas grandes - non sei se me entendedes).



Unha cousa que me chamou moito a atención e gostei moitísimo e coma prepararon no Forno de Lito os chipiróns encebolados. A cebola alternaba unhas tiras douradiñas e outras moi pasadas e crocantes (as que vedes negras). Pareceume xenial a combinación de fios de cebola caramelizados e crocantes con cebola douradiña e suaviña. (Se cadra foi un casual, pero a min pareceume feitísimo con intención. Xentiña, se pasades polo Forno de Lito pedide os chipiróns encebolados - están boísimos, e confirmádeme que a vos tamén vos puxeron a cebola a dous puntos)

No hay comentarios: