Tacos de Suadero
O bistec, o pastor ... son cousa de plusilánimes. O bistec non sabe gran cousa (ahí esta a salsa) e o pastor sabe demasiado ó adobo. Moito máis interesante é a carnaca graxa do suadero. Ben feito ten un saborazo entre gisote e asado, mal feito pois sabe a sebo queimado. Eu non gostaba do suadero porque moitos dos postos de tacos cheiran moito a sebo recocido, pero xa localicei postos bós nos que non apesta e está feitiño no punto.
Tacos de barbacoa
Non hai nada máis típico na fin de semana do centro de méxico que sair a almorzar barbacoa.
Xa comentei mil veces que en México a barbacoa non é carne feita á brasa. Non insistamos no tema. Tamén fala de pulque o video. Unha xoia, todo o que necesita saber de dúas tradicións prehispánicas interesantísimas.
Tacos de Canasta
Hai unha imaxe ineludible desta cidade: a bicicleta ca canasta chea de tacos. O que non sabía é que este negocio é unha especialidade dun pobo de Tlaxcala (vamos, coma os pulpeiros de Carballiño).
E de regalo, a promo ... que non é tan explicativa, pero ten bóa música e ritmo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario