Unha das cousas máis interesantes de México é a comida de rúa. E se cadra non falo suficientemente de ela no blog (ainda que teño que mirar, porque coido que sí escribín moito).
Aquí van os antecedentes:
- Despertoume unha paixón nestes últimos meses polo taco de suadero
- Descubrín que un dos lugares máis lexendarios dos tacos de suadero queda bastante perto (bueno, coma a uns 20 minutos andando, tampouco tanto)
Ahí vai, este postiño que vedes na foto son Tacos El Paisa (de Escandón)
Nota, ademáis do posto na rúa do outro lado da rúa teñen un local cativo. Así que ten a dualidad de que podes comer "parado" (de pé) ou sentado.
Coma xa anticipei eu ía a polo taco de suadero, pero teñenvos variedade:
- Na choricera (isto é, guisados/asados/fritos) había suadero, longaniza, tripa e campechanos
- Na vaporera había sesos, cabeza, ojo, lengua, sesos
Aquí estan os tacos de suadero, ca salsa, a cebola e o cilantro. Realmente cumplen ca fama que teñen.
Un par de notas interesantes:
- Ainda que os expertos do "suadero" comentan que a tradición ten que ser que a carne unha vez cociñada na "choricera", tense que "dorar" na plancha, aquí neste Paisa o suadero vai directo. Ademáis observei de maneira interesante que o suadero deste sitio non vai recocido. Está ainda de cor rosa, e ven caldosiño.
- Aquí contrariamente á tradición taqueira, non é o cliente o que pon a salsa que quere, ou cebola ou cilantro. O propio taquero, cando prepara, engadelle a salsa, a cebola e o cilantro. (Non sei se lle pode pidir que non fagan tal, pero coido que non lles ía parecer correcto).
- A salsa era curiosa: de cor alaraxado, e tiña un gusto ácedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario