domingo, 20 de noviembre de 2016

A confusión do tomate

Mirandoo agora dende o século XXI, un dos productos máis exitosos de América podería ser o tomate: o ketchup (na súa versión actual) é de tomate, a salsa de tomate aparece por todos lados, a ensalada adoptou o tomate e de ahí non a moven, o pisto (ou ratauille, ou ciambotta ou tal) leva tomate, a pizza tamén leva tomate. O gazpacho... tamén leva tomate.

É curioso que se saltasemos ó seculo XIX moitas de estas receitas non levaban tomate. Ou eso din. Porque logo sempre hai algunha referencia por ahí que menciona o século XVII e XVIII, pero o certo é que semella que foi no XIX cando dende Nápoles e España comenzouse a propagar polo mundo, con tal éxito que hoxendía China é a primeira productora de tomates do mundo.

Tamén seica foi recente o da cor vermella nos tomates, porque inicialmente os tomates máis populares en Europa eran amarelos (de ahí que o nome italiano de pomodoro ten máis sentido - eran amarelos, si que tiñan cor medio parecida o ouro).

Pero bueno, a cousa curiosa é que o nome do tomate non esta moi axeitado. En Mesoamérica chamábase xictomatl porque había outra froita que se chamaba tomatll. Cando viaxou a España cambiaronse os nomes, e agora en case todos os paises do mundo (ainda que os italianos usen pomodoro) chamase así. Aquí en México, ainda se mantén (ainda que en sitios non) o nome orixinal:

Isto en México en un jitomate e é vermello (os jitomates amarelos ou alaranxados non se ven nada).


Isto por contra e o que en México lle din tomate, e é verde, amarelo (cando está moi maduro) ou incluso morado (moi unusual).

Curiosamente o tomate orixinal non tivo nengún éxito nen se propagou a outros paises. O cal é extrano, porque non é que sexa un fruto tropical. De feito require máis ou menos as mesmas condicións ca planta do jitomate.

Imaxino que o principal problema é que o tomate é acedo, e por momentos incluso amarga. Por eso mesmo os mexicanos gustan del. O tomate é fundamental na salsa verde, nos guisos con salsa verde (normalmente con carne de porco ou chicharróns). Outro plato que leva tomate é o pozole verde. E finalmente están as enchiladas verdes.


Non vaiades pensar que todos os mexicanos gostan do sabor ácido do tomate. Moitos non lles gusta. Así teredes moitos de eles que prefiren a salsa roja.

Hai unha salsa verde que pode ou non levar tomate. O guacamole. Nota, xa sei que estaredes pensando que o guacamole é unha cousa máis ben pastosa, e que normalmente lle poñen jitomate picado, pero aquí en México hai tamén unha salsa picante (picantísima incluso) que leva aguacate.


De todas formas o jitomate aínda é máis ineludible na cociña mexicana. Non pode faltar na salsa roja, nas enchiladas suizas, no caldillo de jitomate, a tinga, os huevos á mexicana, o desconcertantemente chamado mole amarillo (que en realidade é vermello e leva tanto jitomate coma tomate), no pico de gallo, .....


Vamos, que non vaiades pensar que non é imprescindible o jitomate. Pero o curioso en comparación do resto do mundo e que aquí sí que se consume moito o tomate. E case igual ou máis de ineludible. Pero extrañamente, o mundo non se afeciounou a esta froita nen a metade que ó jitomate.
 

No hay comentarios: