Imos a poñer un curioso exemplo do contrario:
- Restaurante do top 15 da lista "Restaurant" ( á que non lle fago nengún caso, de feito, non sabía que o restaurante estaba na lista cando aparecín por alí )
- Cidade de 20 millóns de habitantes (entre eles probablemente máis dun millón con cartos suficientes para ir ó restaurante)
- Sábado ó mediodía dun día normal (nen puente, nen algo que xustificase que a xente andivese a outras cousas)
Tardan un tanto mentras revisan as reservas, e dinme que si que teñen unha mesa libre ata se remato antes das 15:00, pedindome disculpas. A verdade, 2 horas xa me parece tempo suficiente (ademáis ca avantaxe que seguramente me traian os pratos máis rápido porque a eles lles interesa que remate cedo).
Hala, a famosa mésa imposible nos próximos 3 meses foi posible.
(Certo é que xoguei co coñecemento que xa teño observado que nesta cidade nas fins de semana a xente non vai comer antes das 16:00).
Ah, sobre o restaurante xa falei en outra ocasión e xa comentei que nos postres ten un nivel memorable:
Seica este conto non parece ter moita dirección, pero si que quería ir a algún lado:
Coido que é erroneo trasmitir esa mensaxe de "todo reservado", "mesa imposible" e cousas tal. Xa sei que os periodistas e os blogueros contan o que lles da a gana, e a todo o mundo lle gusta fardar co que pudo ir a comer a un restaurante exclusivísimo. Pero coño, habería que replantexalo:
- Aclarar se as reservas son tan difíciles durante toda a semana, ou só nas findes (eu non tiven problema en reservar na Osteria Francescana con 2 semanas de antelación, certo é que fun un martes).
- Ainda que podan admitir que sexa díficil, animar á xente que chame ou mire se hai sitio disponible. Chi lo sa?
- Se cadra pódese poñer en marcha o tema da lista de espera, que no caso de que haxa unha cancelación podan ofrecerche ese sitio. (Teño uns amigos que conseguir ir o 12 de Outubro a DiverXO por este sistema).
No hay comentarios:
Publicar un comentario