domingo, 4 de diciembre de 2011

Restaurante do Hotel/Spa Vilavella (A Mezquita)

Para todos os do sur de Galicia, sempre coidamos que Galicia (administrativamente) remataba en A Gudiña, porque ese era o típico sitio onde paraban os autobuses ou a gasolineira onde saíamos a estirar as pernas. Pero, non, logo ven o concello de A Mezquita, e en realidade o último pobo antes de Zamora é Vilavella.

Xusto a medio camiño entre Verín e Puebla de Sanabira, faise un bó sitio para parar a xantar, sobre todo porque a poboación vese directamente dende a Autovía. No medio do lugar vese un cartel grande anunciando Hotel/Spa Vilavella. Evidentemente supoño que o Hotel está máis enfocado no turismo rural e en escapadas de fin de semana, pero estando ahí no camiño, e abrindo todos os días do ano, ¿porque non usar o restaurante?

Unha noite chuviosa e desapacible do pasado inverno animeime a parar e probar o lugar. O feito que o hotel esté nun lugar tan pequeno (e que case todo o lugar esté ás escuras) e o día inclemente que me tocou para parar deume un certo aire misterioso....

Exterior do Hotel/Spa
... pero para nada que esto se entenda coma unha crítica. Supoño que de día, sobre todo cun bó día soleado, aquelo será precioso.

Pero coma xa hai centos de comentarios sobre o hotel, eu o que quero falar e do tema do Restaurante, para os viaxeiros que transitedes por ahí, que valoredes unha opción máis a parar en A Gudiña.

Chipiróns na súa tinta con ensalada
Coma esperaría un no hotel dun restaurante de 4 estrelas, non é barato (28€ o menú de degustación de aquela época), eso inclue 3 platos, postre, viño e auga (non lembro se a auga a paguei a parte ou ma incluiron no menú).

En canto ó menú, tivo momentos moi prometedores: no primeiro era unha infusión de tomate con berberechos, que ven sendo un dos platos máis sorprendentes que teña tomado en Galicia (e teño tomado uns cantos): unha sopiña transparente (que sabe totalmente a tomate, pero sen ter nengún do seu color), fría, cuns grandes berberechos. (Se cadra a algún podería parecerlle moi ariscado e desagradalo a combinación de sabor a tomate, frío e berberechos, pero a min encantoume).

Por contra o seguinte plato estivo francamente mal: os chipiróns na súa tinta, non estaban mal, pero estaban salgadísimos. Tanta sal facíaos moi malamente comibles. Un despiste pode telo calqueira cociñeiro, pero é moi decepcionante, e deixa a un bastante fastidiado.

E entre o sorprendentemente innovador e positivo e o sorprendentemente negativo, houbo un bacallau sabroso e un postre xeado moi correcto.

Valorade por tanto a opción de parar a comer ou cear no sitio, tendo en conta o prezo, o enfoque da cociña (combinando cousas innovadoras e outras máis tradicionais), e sen que lles parezca mal ós do restaurante eses pequenos erros que cometen algunha vez... Tamén tede en conta que o restaurante está nun sitio moi chulo, e que non ten nada que ver co típico sitio de estrada, non é ruiodoso e tal (digoo porque hai xente - coma min - que valoramos esto da tranquilidade, e que sexa un sitio agradable cando e de comer por ahí).

(De todas formas estou interesado en coñecer comentarios de algún de vos que teña parado por alí, para ver se o do meu menú foi algo excepcional, se a cousa mellorou, se a cousa empeorou, ou se non gustades do sitio)

Hotel/Spa Vilavella (Restaurante)
(mapa)
Lugar de Vilavella, s/n.
A Vilavella. 32549.
A Mezquita. Ourense
T. (+34) 988 59 42 42
 

2 comentarios:

Polo dijo...

¿Qué me recomiendas para parar camino a Madrid, el Hotel Vilavella o El Empalme?

Xose dijo...

El Empalme es mucho más fascinante, pero tambien más complejo de conseguir reserva y un poco más caro. El Hotel en cambio es un sitio más sencillo y conveniente, válido para cualquier viajero.

Sin dudarlo yo creo que El Empalme merece muchísimo la pena, y sobre todo ahora que estamos en medio de temporada de Setas. Eso sí, si tienes que coger el coche, no pidas el menú degustación. No lo tengo seguro, pero creo que se puede pedir un menú corto. (Nota, El Empalme tiene muchos detractores porque la señora es bastante borde, para mi eso es incluso un plus)