miércoles, 1 de mayo de 2024

LiBO Cociña en Vigo

Libo Cociña é un novo (bueno, xa ten 4 meses) restaurante na parte de Rosalía de Castro en Vigo (Rúa Canceleiro). 



LiBO propón cociña moderna, baseada en producto galego, ofrecendo propostas orixinais a prezo axustado. Menú corto que vai variando segundo a temporada (ainda que algún plato vai pasando de temporada a temporada). Cada mes pode ser un pouco diferente. 

Ten unha sala sinxela pero moi acolledora. Sen necesidade de ser grande permite amplitud e ten tanto mesas para grupos coma para parelliñas (sen ter que estar tampouco moi pegado ás outras parelliñas). 




Eu probei o menú degustación (38€) que é de 3 entrantes, 4 principales e 2 doces. Moi abundante e moi sabroso, con moitos detalles é unha bóa combinación de sabores. 


Caballa | Ensaladilla | Tapenade 
Zanahoria | Mahonesa | Galmesano
Salmón | Citricos | Encurtidos 



Volandeiras | Chourizo | Endivia


Brócoli | Holandesa  | Almendras

Rodaballo | Puerro | Algas

Solomillo de Cerdo | Ñoquis | Foie Gras



Arroz con leche | Caramelo 

Queso Arzúa-Ulloa | Membrillo | Nueces 


A opción de menú degustación está moi ben. E suficientemente longa (se cadra mellor para un xantar que para unha cea). Dos pratos que teñen os meus favoritos, foron a zanahoria e o de salmon e citricos nos entrantes, e logo encantoume este mar e monte que fai combinando kimchi, volandeiras e chourizo,... e tamén gostei moitísimo do seu solomillo de porco con ñoquis. 
Os dous postres impecables, e sorprendeume moito que non sabía que o de queixo e marmelo era xeado (pensaba que sería só queixo e marmelo). 😅

E en canto a viños:



Coleçao Uvelhas Negras - Dao - Brancos
Marc Bredif - Vouvray - Classic - Chenin Blanc
Menina d'Uva Ciste - Sen DO (Bragança) - 16 variedades
Chiara Condello Tre Vigne Sangiovese - Romagna Sangiovese - Sangiovese

 Libo Cociña: https://www.instagram.com/libo.cocina


No hay comentarios: