martes, 1 de septiembre de 2009

Mesón o Cruce: Bóa carne, interesante restaurante

Mesón o Cruce (Vilatuxe)

Se algunha vez pasades en coche por Vilatuxe, un pouco despois da gasolineira se ve este cartel, que anuncia negocio combinado: mesón e carnicería. O mesón é un moi bó sitio para parar a xantar, e tal coma parecería por ser tamén carniceiros, é un sitio moi bó para comer carne.

A primeira cousa que non esperaba eu (se ben o local ten un exterior moi coidado) é que ten un sala moi cuquiña, elegante e ben decorada (con fotos en gran tamaño dos montes que rodean Vilatuxe).

Segunda pequena sorpresa é que ten unha lista de viños máis ampla do que un esperaría(típica eso sí - Rioxas, Riberas del Duero, Albariños - pero non escasa de todo). De feito unha das cousas que nos fixo gracia é que xa aparecen as puntuacións Parker xunto ós viños (nos escollesmos un Valduero Crianza que se supuña con puntuación 92 de Parker - estivo ben).

Para confirmar a nosa suposición (carnicería + mesón: bóa carne) tomamos todos carne (e diversos tipos): croca, costela, filete e chuleta de tenreira. Perfectas, no seu punto, que viñan con escentilantes escamas de sal de Maldon enriba (estaban tan ben as pezas de carne que só lle podo criticar esto, que se pasaron un rato co sal...). Acomapañadas cunhas patacas fritidas que merecen mención. Vamos, o clásico menú de carretera "bisté con patatas" pero en plan memorable.



Un plato de carne para cada un, unha botella de Valduero, sainos por uns 15€ por persoa.

(Nota adicional: no menú tamén se anuncia en temporada de caza pratos de perdiz, xabarín e corzo. Eu canda menos estou a pensar en me achegar este outono a ver se tan bóa man coma teñen para a tenreira teñena para a caza).

(Nota adicional bis: en febreiro hai unha oferta especial de cocido - o cocido podese encargar tamén en calqueira momento do ano - podedes ler sobre o cocido de O Cruce en Capítulo 0).

Mesón O Cruce (mapa)
Vilatuxe, s/n
36519 Lalin - (PONTEVEDRA)
Telefono: 986 782 428

2 comentarios:

magago dijo...

xmanoel, non sabía o da caza en outono, no Cruce. É para considerar, efectivamente...

xmanoel dijo...

Pois eso é o que vin no menú. Anunciaban 3 pratos diferentes de caza "en tempada" (lembro o Xabarín pero non os outros dous...).

Eu vexo que vos fóstedes a comer o Cocido, e tamén lle teño gañas.