O outro día enchileime ata a dor. E a coña do caso e que o fixen eu mesmo. Estiven cociñando uns taquiños vexetarianos (flor de calacú, apazote, cebola, chile cuaresmeño e chile serrano). E o tema é que o chile serrano era picantísimo de dios. Ademáis non os repartín ben e cando me tocaron varios cachos .... paseino moi mal.
Algún estará pensando: Vaia merdan, non aguanta nada! Non teño problema en aceptar este tipo de comentarios, se envía un video no que se vexa comendo dous chiles serranos, crus, enteiros e que o video dure 4 minutos máis para ver o que aguantades.
(Nota: recalco o de crus, e enteiros. Eu tamén teño tomado tiña tomado salsa de habanero, chile de arbol seco, pasta de piri piri, e tiña aguantado bastante ben. Pero estes chiles serranos en cru, destrozaron calqueira conquista que tivera feito antes. )
Para os frikis amantes da escala de Scoville, os Chiles Serranos oscilan entre 10000-23000, que non é moito comparado cun Habanero que saca 100000–350000 ou mesmo un Chile Manzano que anda por 100000-200000. Pero deixando aparte os números, coma comentei antes, o do serrano foi inesperadamente terrible. Non quero pensar coma poden ser outros (teño na casa uns Chiles Manzanos, así que xa vos contarei: ven tendo 10 veces máis forza)
Comenteillo aquí ós amigos mexicanos é a muller dun de eles deume rápido a solución:
No tomes los pimientos tal como vienen crudos. Los abres, les sacas el interior y la semilla, y los dejas unos cuantos días encurtiendose en vinagre o limón. Esto los suaviza.
Vaia descubremento. A verdade non sei coma non caira antes. Xa me dera conta que as rajas de chile en escabeche que tiña comprado non eran para nada equivalentes ó jalapeño en fresco. Pero non chegara a pensar que podía ter un efecto o ácido no que o tiveran. Eu coidaba só que non se usaban o mesmo tipo de jalapeños.
Así que fixen tal coma me contaron:
E deixeino un día ou dous.
Non quero deixar de contar o que me estiveron proendo as mans todo ese día. Non tiña frío nengún. Se cadra non é mala idea usar guantes de goma para traballar con este tipo de chiles picantisimos.
¿O resultado? Pois algo debeu suavizar, pero collín un e metino na boca e ... ARREDIOS!!! Ainda tiña bóa forza.
Pero bueno, quedaba outro remedio, que é cortalos en pequeno e usalos coma aliño en outro plato. Entón, xa non pasa demasiado. Eu mezcleino co meu guacamole. (Teño reparado que o aguacate é moi bó para contrarestar o picante. O cal se cadra podería ser porque o aguacate é graxo, e a capsicina disolvese ben en aceite e mal en auga, podería ser?)
No hay comentarios:
Publicar un comentario