Onte estiven comendo cos compañeiros mexicanos e descubrín dúas cousas importantes!
A tortilla ten un dereito e un revés
O choio é saber cal é. E resulta que eu sempre collo (collía, porque agora xa sei un pouco) ó reves. Tamén manda carallo, que sempre a colla ó revés! En realidade é porque agora que sei o do dereito e o revés, decatome que cando chas traen no restaurante todas apiladas, veñen cara embaixo para que os mexicanos as apañen xa e xa está. Eu que funciono cunha lóxica diferente, penso que veñen cara arriba e doulles a volta.
En resumo: a parte que ven mais feita (venselle algúnhas quemaduras e todo) é a que vai para dentro.
a parte de baixo / ou de fora |
a parte de riba / ou de dentro |
Coma se 'agarra' un alambre
O alambre é un choio que fan aquí en México, que é un plato de carne picada, pemento, xamón cocido con queixo, para logo comer con tortillas.
O tema é como pillalo.
Coller a tortilla (ver punto anterior) correctamente na man, cara enriba, e co tenedor que che deron meter a comida dentro?
![]() |
MAL |
![]() |
BEN |
Unha vez feito esto, xa podedes desfrutar do voso Alambre. (Nota, eu póñolle salsa, pero os mexicanos mirabánme raro, coido que o habitual é tomar o alambre sen salsa).
Se andades por México e andades asustados co tema do picante, pedide un alambre sen problema. O alambre é un plato doce, entre a cebola dourada, os pementos doces (o primeiro plato no que vexo que usan este tipo de pementos en México), e o queixo. A min non me gusta demasiado (por eso de ser demasiado doce), pero bueno, estou seguro que a moita xente si vos gustaría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario