martes, 5 de noviembre de 2013

O bar de La Molinera

Xa falamos aquí de La Molinera en Lalín. ¿Sabedes de eses sitios que che gustan tanto que fas por volver? Pois tal que así, tento cando teño ocasión de pasar por La Molinera. Nesta ocasión decidimos cambiar un pouco o plan, e en vez de ir a por menú degustación, sentamos no bar e pedimos da carta que teñen no bar.

A comida, foi espectácular, coma no restaurante.

Antes de comenzar co menú, tomamos o pincho do día, o que dan a todos os clientes que veñen a tomar un viño, e vaia pincho: uns camaróns.



Comezamos, xa que estamos en outono, cunha empanada de cocido, feita co trigo do país, ben oscuriño. Unha cosa sinxela, pero igualmente excelente.

 A única pequena sorpresa que estaba fora de carta, foi esta maravilla de pratiño de setas: boletus, níscalos guisados, e unha maravilla por riba de todo: boletus crú, cortado moi fino. As setas cociñadas sonvos unha maravilla, pero este boletus crú, tiña un arrecendo espectácular, coma se fose trufa branca. Un luxazo.

 E coma somos un poco animais, entre as racións que pedimos metemos este chuletón. Compartimolo entre dous, pero hai que ter saque para darlle de cea unha bóa peza de carne coma esta. O Molinera fai moi ben o pescado, pero tamén ten unha excelente carne. Probadea.

E se non pedimos máis racións foi porque queríamos probar o postre. E coma somos golosos pedimos dous. Este é un biscoito (de chocolate) con xeado de limón. Ummmmm.... que bó.

Pero ainda me gustou máis esta mouse de chocolate intenso. Vaia luxazo. Que bó postre. Tedes que ir un día polo Molinera para probalo. En serio.

O menú acompañamolo (excepto a carne, onde pedimos unha copa de tinto e unha cervexa) con este ribeiro branco que non coñecíamos, e que nos recomendaron no restaurante. Grandioso viño.

Coma podedes ver, unha cea excelente. Todo isto, co viño, cas copas aparte e os cafés, sainos a 40€ por cabeza. 

A Molinera (info)
C/Rosalía de Castro, 15 (esquina con C/Molinera) 
Lalín
Teléfono: +34 986 78 20 55

No hay comentarios: