martes, 19 de noviembre de 2013

E agora o chile manzano

Bóas, este vai ser un post breve, porque:

  1. estou moi cansado da miña viaxe a Oaxaca (unha viaxe nocturna de autobús na que non din pegado ollo)
  2. ardenme as mans e non me presta nada teclear: estiven cortando nos chiles, unha vez máis sen guantes, e non escarmento, non é moi bóa idea
Pero non, ainda que sexa un "spoiler" non me proen as máns polo Chile Manzano.

O outro día falei da miña ardente aventura co chile serrano, e contei que tiña ainda por utilizar uns chiles manzanos, que segundo dicían na wikipedia era coma 10 veces (10 veces) máis picantes ca os seranos, o cal metía medo.


Coma podedes ver é un chile ben curioso: é dunha cor alaranxada (cando está maduro) de formas redondiñas, é bastante dureiro por fora e ten unha cousa curiosa: ten a semente negra.

O que si non é é tan picante coma dicían. De feito se ben pica un mundo, son quen de comer un cacho así solto. Pica a dios, pero non é terribilísimo, ou polo menos non o terrible que parecen dicir o da escala de Scoville.
 
Coma inda quedaran uns cantos chiles serranos por preparar, pois voltei con eles para face unha comparativa, e non hai maneira: ou venderonme uns manzanos frouxos, ou os serranos estes que me venderon son sobrehumanos. A proporción é o revés este serranos son 10 veces máis picantes ca o manzano.

De feito, coma vos dixen, as miñas mans estan sufrindo o efecto serrano.

Deixovos e a ver se saco o proer das máns. 

No hay comentarios: