domingo, 18 de julio de 2010

Gran Catanza

¿Que mellor para acompañar un bó viño, uns bós amigos?
¿Que mellor para cando se xuntan uns amigos, pois un bó viño?

Neste caso, 9 viños moi especiais é un wisky de excepción. 

Monsieur non é un gran experto en viños. E non teño nen idea de cata, así que as notas de cata terédelas que ler dos outros participantes do evento. (Se ben, un dos nosos catadores expertos estaba medio acatarrado). Bueno, en realidade, a catanza non foi tal cata, porque non deixamos nen pinga de viño. Foi máis ben un momento de disfrute. 

Antes de nada, os agradecementos:
  • Por un lado, Redoma Galicia, que ademáis de que compartiron connosco a velada (un saudo moi grande para Esteban), compartiron connosco algún dos viños que distribue en Galicia (O fántástico viño de Málaga Ordoñez, un interesantísimo e prestixioso viño de Jumilla: El Nido, e un wisky single malt excepcional - que na miña falta de profesionalidade, non lembro o nome, pero que porei remedio en canto consiga a información). Que máis que viños e licores, case se pode dicir que distribúe placer. 
  • A Viña de Xabi, quen aparte de acollernos, darnos de manter, compartiu connosco os viños. Non sei se xa coñecedes o lugar, pero é realmente fascinante. Sobre todo, cando se baixa á tenda que ten no sochán. Comezas a mirar polas estanterías e ten todos estes viños que sempre te apeteceu probar (ten de todo, todo, e se non de todo, de todo o interesante). De feito gracias á súa amplísima e selecta bodega, poidemos probar algún dos viños da noite: porque se tratan de viños de moi escasa producción, e que moitas veces, a penas chegan a Galicia. (¡Un must!)

Xa andaredes a berrar... Menos literatura é mais viño. Pois sí:

La bota de manzanilla pasada (da bota número 10) - branco

Comezamos a regalarnos cun viño Manzanilla de Sanlucar. Habería que escribir moito (e eu non son o experto máximo) sobre o desprestixio que ten este tipo de viño. Eu son o primeiro que asocia a Manzanilla cun viño insípido e bastante alcoholico (a pesar de que teña escoitado a andaluces que din que prefiren un Manzanilla a un Jerez porque é máis suave) que se toma a hecolitros nas festas. (Mesmo eu teño tomado os típicos arrebujitos - manzanilla con 7up). O Manzanilla non é ese viño tan vulgar.

O Manzanilla La bota, é un viño que recupera toda unha tradición de excelentes viños Manzanilla, para lle dar prestixio de novo. O nacemento de este viño ten unha historia bastante complexa, dun grupo de apaixoados (Equipo Navazos), que localizaron unhas botas antigas de Manzanilla exepcional, e que se adicaron a continuar esta tradición preparando novas botas ca mesma calidade. Este viño ten todo un elemento aleatorio. Cada ano se vai escollendo cada unha das botas a ver cal é máis sublime. E de esta bota preparanse o número de botellas que dean. Que as veces son 900, as veces son unhas cantas máis, as veces unhas cantas menos. Co cal, no caso de que teñades curiosidade en probar o viño, se o vedes por ahí, non pensedes moito, porque pode que xa non o voltedes a ver. 

¿E coma sabe o viño? O viño sabe a mar, sabe a Atlántico. Ademáis (aquí non me voy a mollar moito, porque non son un expertazo) esta botella era en concreto de tipo pasado e xa se lle notaba unha cor diferente, un pouquiño máis escura e un sabor (na miña impresión) agradablemente tostada. ¡Grandioso comezo!

 Champagne André Clouet 1911 (botella 473) - branco

Hai un dito moi patrio (non sei se patrio, porque estes mesmos boicotean o consumo de Cava no Nadal cando cadra) que di que un bó Cava non ten nada que envidiar a un bó Champagne. Eu non esto tan seguro, e iso que teño tentado probar Cavas moi selectos. Para min o Champagne segue a ser bastante máis especial.

Deixando aparte as grandes maisons (que sempre se apañan en conseguir que o seu viño sepa igual), en Champagne abundan os pequenos productores/embotelladores (porque neste viño, casi vai tanto esforzo e tempo en coidar a viña coma en embotellar o viño). Unha de estas casas é a da familia de André Clouet, que prepara unha edición especial chamada 1911 que consiste en unicamente 1911 botellas (nos tomamos a 473, se non lembro mal). Tratase dun viño blanco feito de uva tinta (Sauvignon Noir), e que está feito a partir de combinar 3 vintages diferentes.

Na boca trátase dun viño sútil, pero bastante complexo (dise que os blancos feitos de uva tinta teñen esta caracteristica). Unha das cousas máis destacables (coma nos bós Champañas) é que a burbulla non a notas máis que na puntiña la lingua.

La Coulée de Serrant do 2004 - branco

Este viño ten historia (e non me refiro a que teña xa 6 anos): nesta adega comezou a revolución do viño biodinámico: coidar as viñas sen productos químicos, sen podalas esaxeradamente e deixando que se comporten de maneira máis natural. Unha especie de volta ó pasado. Se cadra a algún lle parecería unha excusa para ter que traballar menos, ou una maneira esotérica (porque se ten en conta a astroloxía) de dar máis valor ó viño dun.

 Bueno, calqueira tipo de suspicacia respecto do da biodinámica esta desaparece cando probas o viño. O primeiro: Coma ledes trátase dun viño do 2004, dun branco de máis de 6 anos de antiguedade.  (Comento esto, porque hai moita xente que ten unha idea simplista de que o tinto mellora e o branco pérdese). Logo está a sorpresiña que o viño ten 15% de alcohol. (Eu tiño bebido viños do Loira, pero nunca nada de esta graduación). E logo está que é un viño tremendamente complexo, un branco con tal variedade de matices que non é facil de describir. É seco, ten un punto doce, ten algo de acidez, sabores afrutados, algun toque picante. Nunca tomara un branco tal.

Dr. Burklin-Wolf - Pechstein 2001 branco

¡Un viño do Riesling! Cantas lembranzas dos meus anos en Alemania. Dous anos que vivín alí e dous anos que fun á festa do viño Riesling (en Rheingau). Bueno a unha das miles de festas que fan nos pobiños de toda a rexión. Unhas festas moi entretidas (con orquesta e todo). Pero o que é probar viño, nunca quedei moi contento (coido que nos daban o peor viño que tiñan). Mellores recordos teño dunha adega que había en Frankfurt pegada á Universidade, onde podías probar por copa uns bós e grandes Riesling ou esta outra uva que ten un nome que nunca serei capaz de escribir. Pero bueno, algún día terei que tentar localizar se ese sitio segue aberto e facer un mini especial de lugares interesantes en Frankfurt.

Hai moitas razóns para non ter moita estima polos viños alemáns: todas as botellas parecen iguais, teñen un mundo e máis de diferentes tipos de viños (dependendo da colleita, da elaboración e tal), e logo está o sabor este persistente da uva (entre mango e melocotón). 

En canto a probar este viño, serviume para me decatar que en viños potentes e moi aromáticos, podes levar unha impresión equivocada por non deixar respirar o viño o suficiente. Servimos na copa unha vez aberta a botella, e nun principio detectamos aromas non moi agradables coma de traxe húmido de neopreno (esta boísima descripción é de Salomé) e un sabor moi forte a mango. Foi deixar que o viño repousara na copa, e entón comezaron a se notar outro tipo de sabores e aromas, coma a madreselva ou lirio, e sabores moito menos froiteiras. En apenas 5 ou 10 minutos o viño que saira da botella evolucionou un mundo. Un mundo de mellor. Gern!

Alguén comentou que viños coma este deberían abrirse ¡ata 7 días antes do seu consumo! Non creo eu que sexa tanto. Pero o certo é que voume informar bastante a próxima vez que teña que servir un viño. Porque só con este exemplo coido que descubrín que non teño disfrutado de máis de un viño por prisa ou por telo feito de mala maneira.

Domaine Morey Coffinet 2006 - branco

Conforme ledes, está a parecer que a cata é un tributo ós grandes viños blancos do mundo. (Huy, non debería dicir tal, porque ante a ausencia de ningún viño galego, alguén entenderá esto coma unha afrenta). E recorrendo Francia, chegamos a un dos grandes brancos de Borgoña. Se algo é meritorio do que pasa en Borgoña é o milimétricamente que teñen definidos os seus crus. En apenas 50 metros a uva pasa de ser excepcional a bastante normaleira. Neste caso o viño que tomamos era un Chassagne-Montrachet, unha denominación de orixe que deben de ser apenas 2 pobos. Non sei cal será a denominación de orixe máis pequena de España, pero non creo que chegue a tal liliputismo. ¿Ou si?

Vai parecer que estou menos entusiasmado ante un Borgoña branco. Se cadra será porque teño xa tomados estes viños outras veces. Tamén pode ser porque se ben teñen unha perfección no seu punto, non é facil que un neofito coma min lle tope nengúnha nota destacable. Trátase dun viño suave, seco. Segundo comentan unha das carácteristicas que ten é un sabor coma amanteigado (que non graxo), debe ser moi súbtil porque eu non fun quen. 

El Nido 2006 - tinto

O primeiro grande tinto da noite é un Jumilla. ¿Un Jumilla? Pois sí. ¿Porque non pode ser grandioso un viño Jumilla? Neste caso trátase dunha historia recente, dun grupo de xente que ten o obxectivo de conseguir un viño peculiar (bueno, dous viños peculiares, El Nido é o tope de gama de estes dous viños). E lles debeu de pagar a pena, porque o viño ten un prestixio internacional enorme (Robert Parker mediante). Tal é o éxito que apenas quedan 500 botellas do viño por España, e nos tivemos a sorte de probar unha de estas.

O viño tomouse decantado (coido que dúas veces) e aireado durante un par de horas. É algo que moitas veces non facemos na casa, e que me da que nun viño con tal forza e intensidade coma este, pode ser un pouco decepcionante. Ainda así, o viño mantén moito o seu caracter contundente. Non vou mentir, porque para o meu gusto era demasiado forte, moi amargo, un viño que enche moito a boca. Pero para os amantes de viños con moito corpo, lles encantará.

Vega Sicilia "Único" 1999 - tinto

De aquí pouco teño que dicir. Iste viño ven sendo unha lenda. Eu nunca tomara un Vega Sicilia, e o certo é que tampouco tiña pensado que o faría nunca. Pois xa o teño feito. Este viño é pura historia, unha antiga tradición de facer viño. 

Unha vez máis, coma co viño anterior, non sei se son capaz de valorar o viño en toda a súa amplitude. Un viño envellecido, que foi suavizándose (tan só un pouco) e adquirindo un aromas a madeiras. É un viño que (na miña modesta opinión) se cadra non se debe tomar só, se non acompañando unha bóa comida (nos tomámolo xa case no postre). 

(To be continued)

Coma vos déchedes conta, ainda falta un gran viño (o Ordoñez Nº4) e un grandísimo whisky. Máis coma non fun quen de xestionar o tempo, tal vez me extendín moito no comezo, e agora non teño tempo para rematalo. Debería esperar a telo rematado para o publicar, pero xa que esto se trata tan só un modesto blog, permitiraseme unha certa frescura. Ben pronto completo a xogada. Pero veña para adiante o que está escrito.




La Viña de Xabi
Fernando III o Santo, 4
Santiago De Compostela, España
Telefono: 981 940 071


View Laconada in a larger mapl>

6 comentarios:

lorena dijo...

A verdade é que foi un festival, non si? Coincido plenamente cos teus comentarios; eu disfrutei un montón con todos os viños, especialemente co André Clouet, que me pareceu espectacular, igual que "El Nido": Tan só unha aclaración (por aquelo de ser tiquismquis: Non é "La Bodega de Xabi", é "A VIña de XAbi" e xa non está en San Pedro de Mezonzo, a rúa e Fernando III el Santo, nada máis ;-)

Un saúdo!
Lorena

lorena dijo...

Ah! O whisky chamábase LEDAIG: Connoiseurs Choice. (porque teño unha foto da botella, porque eu son unha ignorante do tema...)

xmanoel dijo...

¡¡Graciñas Lorena pola aclaración!! É un mareo porque en Internet aparecen alternativamente unha e outra dirección. E eu non coñezo Santiago e non sabía que a rúa na que estamos era a de Fernando III. Bueno, aclarado está (de todas formas ata que se actualicen todos os sites de Internet, a cousa vai ser un pouco fastidiada).

lorena dijo...

Non tes por que das as gracias, a verdade é que en Internet aparece de todo e non sempre é doado se non se vive en Santiago. Moi ben relatada a catanza, encántame! :-)

Álvaro Girón dijo...

Nunca se me hubiera ocurrido describir una manzanilla como un vino insípido...Algo se ha debido hacer catastróficamente mal para que se tenga una imagen tan distorsionada de lo que hay realmente en la bota.

xmanoel dijo...

Alvaro, no me estoy refierendo en nada al Manzanilla que probamos en la cata (Manzanilla La Bota Pasada) si no a otros Manzanillas que venden en los hipermercados, o que te pueden servir en un bar. Esos Manzanillas si que pueden pecar de insípidos.

Yo consideraba que se entendía claro que hacía una crítica a algunos vinos en el primer párrafo para en contraposición, hablar de lo destacable y fantástico que estaba La Bota.