jueves, 22 de enero de 2026

Risotto ai finocchi (con fiuncho bravo)


Pois ista receita está un pouco relacionada ca pasta con peixe e fiuncho que fixen o outro día.  De feito o fiuncho é o meso. As ramas foron para o outro plato, e para este quedei cas raices. 

Neste caso as raices de fiuncho sí é algo que teño visto en algun supermercado e froitería aquí por Galicia. Non é moi popular (canda menos non é tan popular coma en Italia), pero si se podería dar mercado. (Unha das cousas para que se consume moito en italia é en ensalada: ensalada de hinojo y naranja)



Vale, que eu non tiña estes fiunchos gordos, os meus eran pequenos, pero ó final, canos de fiuncho seguían sendo:

En canto á receita do risotto, pois baseime en esta:

Que polo visto é veneciana (e fan de maneira un pouco diferente ós risottos lombardos). Eu seguín as súas instruccións o mellor posible. En canto ó caldo vexetal, eu seguín a tradición italiana de facer un caldo con apio, zenoura e cebola. 


Coma vedes a miña versión non é tan purista, porque eles estan usando a parte branca do fondo do fiuncho, pero estes fiunchos bravos non blanquearan casa neada por abaixo. Outra cousa que na súa receita non sae, pero que eu si que quixen (de outras veces que teño feito risottos, faiseme que lle da un toque moi xeitoso, eu puxen un vasiño de viño - neste caso un albariño). 


Por certo se vedes nos ingredientes, se non fose polo queixo e a manteiga que leva, o prato case podería ser vegano. Non sei ben coma quedaría sen o queixo, nen que pode sustituir á manteiga. Pero se alguén ten curiosidade pe probar xa sabe. 

Esta combinación gustoume moito. O fiuncho queda ainda crocante. Contrariamente ás ramas, que si saben moi moi anisadas, o cano só ten un lixeiro sabor a fiuncho así que non teñades tanto medo. Quedo pendente de mercar un día a raiz esa que venden no super e repetir, pero esta receita gardo para facer máis veces. 

domingo, 18 de enero de 2026

Bucatini con xurelos e fiuncho (bravo) á Siciliana


Xa levaba eu cun certo te tempo con ganas de probar esta receita que seica fan en Sicilia (digo o de seica porque nunca fun por alí, pero en realidade teño visto tantos videos e referencias á esta receita que teño clarísimo que iso é tipiquísimo de alá. 

Pois en Sicilia fan espaguetis con sardiña (ou peixiño azul, coido que con bocareus tamén), pero o choio especial é que usan ramas de fiuncho. E aquilo chamoume á atención ¿coma será isto de combinar peixe e fiuncho? ¿Terá un sabor moi forte? ¿A peixe ou a fiuncho? 

E mira para conseguir o fiuncho, non sei se en Sicilia sementan o fiuncho, pero aquí en Galicia o fiuncho crece bravo. Así que sain de paseo e cando vin un mato de fiuncho arrinqueino enteiro, de raiz (o da raiz vai para outra cousa, xa contarei).  

Receita que usei: Pasta con le sarde, profumo di Sicilia

Neste caso para a pasta o que se fai primeiro é lavar o fiuncho, e cociñase en auga fervendo durante 10 minutos (parecía un pouco de tempo de máis, pero finalmente si vin que o fiuncho contrariamente a outras verduras vese que é bastante rabudo). E non tiredes a auga. Esa mesma auga servirá para cocer a pasta. (Outra cousa a deixar feita é coller as uvas pasas e metelas en auga para que hidraten.) 

E antes de comezar co resto, pillei a tixola quentei aceite e torrei o pan raiado (mollica), e gardo para o final (este choio de torrar en aceite pan raiado para poñer enriba dos pratos de pasta é algo que teño visto en moitas receitas e videos dos italianos). 



E bueno e logo o resto do choio ven sendo o clásico de compa preparan a pasta os italianos. De feito na receita que vos compartín arriba esta ben explicad cada paso cunhas fotos caralludas (xa sei que está en italiano, pero todos os navegadores traen a opción de traducir). A ver se cadra o único detalle que lle fixen eu é que non lle metin tanto azafrán, en lugar de picar moi finiño a cebola deixeina coma vedes así en tiras grandes, e que non tiña xoubas/bocareus se non uns xurelo un chisco grandes así que fixen filetes e corteinos en tiriñas. E dinlle un toque picante porque metín co allo a dourar uns "peperoncino" secos ben rabudos que temos na casa. 



E bueno, o choio máis importante e que máis dúbida me quedaba cando comecei o choio era .... ¿que tal sabe esta combinación de peixe con fiuncho? 

Pois a parte interesante é que ó fervelo como que perde parte do forte do arrecendo do fiuncho (ainda que sí que o prato vai saber a fiuncho a dor) (e non vos preocupedes porque se coza a pasta na auga dos fiunchos, non se lle notou tanto)... Pero o máis interesante e que o sabor forte do peixe azul co fiuncho pegou moi ben. Coido que as dúas cousas por separado serían coma moi intensas, pero xuntas coma que se compensan. 

Pois en resumo, unha receita que apunto e que penso repetir en algunha ocasión máis. O único problema é que obviamente, como o fiuncho non se vende en tendas pois teño que facer por localizar. (E si, xa sei que hai moito fiuncho por ahí, pero coma adoita a crecer en sitios baldíos ou pegado a camiños non sempre esta en moi bó estado ou non sempre se dá con el). Pero se vexo un mato de fiuncho case seguro traio para casa e tomo con sardiñas ou algun outro peixe. 

E coma final, iste video foi un dos que me deu ganas de probar isto da pasta con sardiñas:


martes, 23 de diciembre de 2025

Restaurante Playing Solo (Madrid)

Se me antojó ir a Playing Solo luego de escuchar una entrevista a Luis Caballero (el cocinero). ¿Fui de oídas? No, me refiero a que me gustó la normalidad con la que hablaba de si y de su cocina, conocía a fondo sus influencias y tenía claro el concepto que quería ofrecer. 

Y el concepto es: restaurante de 8 comensales, todos compartiendo la misma mesa y con vista a la cocina. Pero no es la barra alta pegad a la cocina. En este caso es una mesa baja bastante amplia y la cocina no esta exactamente pegada (pero si visible). Un poco intermedio entre un restaurante y un bistrobar. En cuanto a la cocina trabaja sobre un menú kaiseki (bueno dos menús, uno corto solo al mediodía y uno largo para cenas). Kaiseki, pero no cocina japonesa al 100%. Hay toques y técnica de allá, pero ingredientes de km 0, además de detalles de alguna otra cocina (la francesa). 

A mi me encantó la experiencia. Es muy relajante y acogedor. No tienes que acudir directamente a la mesa si no que existen sofás y mesas alrededor donde se puede comenzar con un aperitivo (e incluso leer los libros que hay!). Yo me tomé un chupito (lentamente, saboreándolo) de mezcal

En cuanto a la cena, me gustó que el menú es armonioso y equilibrado. Mi gusto va por días, a veces apetece especiado y con contrastes pero también apetece lo contrario. Y a mi me parece que Luis lo ha conseguido bastante bien. Ya he marcado en el video los que más me gustaron, pero lo importante es que toda la cena fluyó muy bien. Entre esto y el trato directo y cercano, con muchos detalles sobre la cocina (y el jazz y muchos otros temas) por parte del cocinero, hacen una gran velada. 

Un detalle a destacar: yo elegí el maridaje de sakes. Y fue una experiencia en sí. Tienen una carta de sakes francamente impactante, y además tienen preparado un viaje por múltiples estilos de sake super interesante. Ya solo por este maridaje mereció la pena la visita. 

Pues aquí comparto mi experiencia, porque creo que es importante tener algo de información previa de lo que vas a encontrarte (o también puedes ir a la sorpresa y eligiendo restaurantes al azar, ahí yo no digo nada). Pero si buscas algo de este estilo, Playing Solo te gustará. 


Playing Solo: https://playingsolorestaurant.com

lunes, 8 de diciembre de 2025

Omichi Ramen Bar


 Xa está rematando o 2025 e tiñamos pendente falar de Omichi Ramen Bar. Aquí en Laconada foi Pepe quen primeiro foi e recomendou moito. Pepe estivo en Xapón hai uns anos (antes de que todos os influencers en yotubers deran en ir por alá), así que coñece ben o tema da cociña xaponesa. E dixo que ... lle gustara moito e que lle lembrara ós ramen que tomara en Xapón. 

Aqui unha foto de Pepe do Ramen Shoyu. Pepe foi ó mediodía, onde teñen a opción de menú do día que inclue que pides un prato e che incluen de gratis a bebida (así que é máis ben menú dun prato). O mellor é que miredes no Instagram de Omichi onde teñen explicado o menú
Tamén probou o seu curry con tonkatsu (porco empanado). Gustaronlle as dúas cousas. 

Eu fun a cear. Na cea non é tan diferente ó mediodía, porque os 4 tipos de ramen seguen estando dispoñibles, pero tamén teñen pratos especiais de peixe e outras cousas que tamén podes pidir. 

Nos por exemplo pidimos unhas vieiras estilo xaponés moi sabrosas. Logo eu probei o Mazesoba, que son uns fideos curiosos que non veñen con caldo, e que levan ovo crú. (O Mazesoba é unha receita bastante recente en Xapón, o cal tampouco ten nada malo, dado que en realidade casi todos os ramen popularizaronse na posguerra, así que o mundo do Ramen é todo moi innovador). 

De postre o día que fumos tiñan unha curiosa tarta de cacahuete


Pois coma dixemos, a Pepe encántalle o lugar e parecelle ben auténtico e a min tamén me gustou moito. Agradezo moito que en lugar de tentar facer unha carta amplísima con mil e cacho tipos de ramen (que logo non son tan diferentes) realmente traballan con poucas opcións pero ben resoltas (eu coido que iso é moi bóa idea: less is more!). Eu tamén destaco que nos seus ramen sempre teñen verduras e productos frescos, que sempre prestan moito e dan un sabor moi fresco. E logo está ben que teñen un montón de especiais coma entrantes ou coma pratos especiais. Así que teñen a súa máxia de que cada finde pode ser un chisco diferente. 

Un par de detalles: Non aceptan reservas, e iso supón que se queredes ir ahi que ir á porta e esperar que teñan sitio. O cal pode ser se cadra un pouco incómodo para algúns... Pero de todas formas non austedes porque non vos fan esperar na porta todo o rato, apuntanvos, collen o voso número e quedan de avisarvos cando quede mesa libre. Iso sí, non sei con cantos turnos traballan. Outra cousa que ... a min pareceme unha parida, pero se cadra a algún lle parece mal... os rapaces que teñen o restaurante non son asiáticos (son de Vigo!). Pero ei, que carafio é iso de considerar que os restaurantes non son auténticos se cociña xente de aquí. Estes rapaces danlle moi ben, e coma certifica Pepe, as receitas son tal coma en Xapón. 

Omichi Ramen Bar:
https://www.instagram.com/omichiramenbar/


martes, 11 de noviembre de 2025

Camucha 1963 (o segredo non tan segredo de Teis)

O restaurante medio segredo... que non é tan segredo porque canda menos entre a xente de Vigo xa se está a coñecer ben e cando vas, xa ves que teñen moita clientela, e ademáis unha clientela variada de idade (que eu coido que é unha cousa importante para que un proxecto funcione ben, que a clientela sexa variada). 

 De Camucha eu supera da súa apertura... ou reapertura, porque unha das razóns polas que ten unha data no nome é porque este negocio xa existía antigamente, ainda que antes era máis bar e agora é máis restaurante (o mundo cambiou). Pois supera do sitio porque vira fotos en Instagram dos seus pratos e tiña bóa pinta. 

E logo nesto das cousas curiosas, un día de inverno estaba en Madrid tomando un viño e coincidiu que entablei conversa cos rapaces que estaban na mesa da miña beira, e contaranme que pasaran o verán en Teis (sitio curioso para pasar o verán, pero que si que ten que estar ben) e xusto o Camucha estaba ó lado, e cando descubriron a súa cociña foron múltiples veces. 

E entre o que ves no Instagram e o que che conta a xente, pois alá imos. E probei a súa cociña e disfrutei moito e teño xa enormes ganas de regresar. 


 Pois para beber, ainda que o meu plan era ir a comer peixe e máis peixe, pois tiña en mente a gamberrada de tomar un viño tinto. E nisto, propuxéronme este Monastrell (et al.) de Jumilla. Si, un viño super mediterraneo, pero bóa suxerencia porque ainda pola súa orixe é un viño bastante fluido e non se lle notan eses 14º. E ademáis ten un prezo ben axeitado. 

Antes de comezar poñen para ir abrindo o apetito a manteiga aromatiozada que preparan eles (a manteiga xa ven feite, pero son eles quenes a aromatizan). O que tardei tanto en publicar o post que xa esquecín de que sabor era. Excelente.  

De entrantes pois unha das súas empanadas. Neste día tiñan empanada de congrio.Tremenda, ademáis moi orixinal porque xa cansa un pouco tanta zamburiña, esto do congrio non se toma tanto. 

E despois pois probei as ameixas á mariñeira que teñen. 

De postre, pois de todas as cousas que tiñan quedei ca torrija con xeado. Tenriña e sabrosa, e así quentiña facía excelente contraste co xeado. 

Vamos, o dito, un lugar excelente e levo xa meses desexando regresar (no verán andaba a outras cousas e agora no outono tamén tiven moita viaxe, pero unha semana destas vou seguro seguro). 

Camucha no Instagram
 

domingo, 9 de noviembre de 2025

Lume BBQ: BBQ americana en Camposancos.

Gostanos tanto a boa BBQ que fonos ata a Guarda! E mereceu a pena a viaxe!🤩

Pois coma vedes @lumebbq é un "chiringuito" especializado en barbacoa estilo americana, con mesas ó aire libre que está por Camposancos. (Estivo funcionando todo o verán e según nos dixeron estarán abertos cando se poida ata Outubro).

Coma viñamos de moi lonxe e queríamos probar de todo, pedimoslle fora de carta que nos fixeran un variado con todas as suas carnes (non está en carta eh, non os vaiades a liar agora, pero podedes avisar anticipadamente para saber se é posible).

O brisket é o rei da súa carta. Fano con moitísimo detalle e queda tenro e moi xugoso (brutal, dos mellores que teña probado).
E mira, o outro choio brutal que teñen (e mira que eu non son moi de salchichas) é a salchicha, pero claro o secreto é que leva brisket, porco, queixo e jalapeño. Tremenda.
No top 3 dos meus favoritos está o xarrete afumado. Para voltar!


Logo, coma vedes teñen moita variedad para outros gustos:
Pulled pork, por suposto. Suaviño e feino no afumador (non é coma o cociñado nunha perola), pavo afumado para os healthy (e que seguen querendo afumado), e...
unha moi italiana porchetta.

Nótase que coidan moito dos detalles porque preparan os seus pickles caseiros, e unhas cebolas encurtidas (nesto da carnes BBQ é moi importante tomar encurtidos e ácedos para axudar ca graxa da carne).
E algo que para min é imprescindible cando se vai por BBQ: colesaw.
Coma dixen moi coidadosos en todo, de feito a súa salsa BBQ (tiña que ter traido para casa a pouca que sobrou que era moi bóa) non é unha cousa xenérica de supermercado, e a mostaza tamén é ben especial.

Se gostades da BBQ e non vos queda lexos a Guarda, pois xa sabedes. No seu instagram (@LumeBBQ) avisan de horarios e teñen o menú. O seu menú son bocadillos, buns, hotdogs .... de todas estas carnes que probamos nós. Así que con estas fotos xa vos facedes unha idea de coma é cada unha das cousas, tamén tiñan unha pintaza (coma o compango). 

En inverno o negocio pecha (por razóns obvias). De todas formas este ano estiveron abertos bóa parte de Outubro (fixo bastante bó). Para saber cando están abertos, coma comento é útil o seu Instagram, pero tamén podedes revisar o se Google Maps. Eles mesmos encargan de ir actualizando ó frecuentemente cando están abertos ou non así que é bóa referencia:



viernes, 7 de noviembre de 2025

Le Petit Sommelier (Paris - Montparnasse)

Nas miñas visitas a París vou visitar á familia, así que non teño tanto tempo para turisteo. Así que se tal teño un día ou 2 para ir comer fora, e entón teño que decidir un pouco en que plan vou. E a verdade o que tiña claro é que me apetecía algo estilo bistrot clásico (porque é tipiquísimo parisino e porque este tipo de cociña non é algo que se poda tomar por acá). Pero tamén me apetecía ir a un sitio que tivera bós viños. 

E investigando investigando, vexo que pegado á estación de Montparnasse hai un bistrot chamado Le Petit Sommelier. E polo nome xa da que pensar que o tema do viño é importante. E así é.    

Pois resulta que este bistrot está levado por Pierre Vila Palleja, que foi sommelier en varios restaurantes lexendarios en París.  E en algúm momento pillou este negocio, porque pola idade que ten Pierre e polo aspecto de antiguedade que ten o local, non pode ser que o inagurara él. E bueno, agora funciona coma bistrot (service non stop pon fora, que coido que quere dicir que ten a cociña aberta dende o xantar ata a cea). 

O que ten de especial é por cuestións medio obvias, ten unha carta de viños moi premiada ( 🥈 By the Glass List of the Year France 2025, 🥈Best Long List of the Year France 2025, 🥇Special Jury Prize France 2024 da Star Wine List). Que eu nen sabía que había premios para as cartas de viños, nen en que consistía unha carta de viños premiable: vou supoñer que non só é que sexa moi amplia se non que está escollida con algun criterio ou algo así. 

Finalmente no proceso de ir decidindo se vir a este sitio observei que ten unha puntuación bastante baixa en Google e bastantes opinións moi negativas. Un pouco inquedante, pero xa levo tempo caendo en que os negocios cun enfoque moi específico poden ter ese tipo de valoracións: a xente que vai "ó que vai" pois puntuao ben (ou non o puntua, porque total, para qué) e por contra a xente que entrou un pouco sen saber o caro que podería ser, pois quedan super anoxados. 

 Logo ó final exténdome máis falando de coma foi a experiencia, o do ambiente e se quedei contento ou non. Pero primero tento explicar brevemente o que tomei e así se non estades interesados no rollo, pois xa podedes saltar. 

Pois vou comezar co viño. Porque neste caso decidín que era máis sinxelo escoller o viño e logo decidir que pratos ían acompañar. E encanto a viño, pois tiña unha certa curiosidade nos viños do Ródano norte. Que non son uns viños que cheguen moito por España (curiosamente en España parece que todo o mundo flipa polos borgoñas, os viños do Jura, os brancos de loira e logo moito champagne). Así que a miña idea era mirar que había de Côte-Rôtie, Crozes Hermitage e se non daba, pois Saint Joseph. E bueno, así foi, estiven mirando o que había, e finalmente decidinme por un Saint-Joseph do 2021 de Pierre Gonon. (Ainda que tamén costou, tiña ganas de probar un Syrah con tempo de botella, e iste xa tiña 4 anos). 

O viño é unha maravilla, por un lado é intenso e profundo pero ó mesmo tempo é moi sedoso. Unha maravilla. Media botella viu para casa e ó cabo dun par de días o tomamos e ainda esstaba mellor, tardou en abrir (non oxidou moito porque o tiñamos cun Vacuvin, pero parece que si necesitaba un certo tempo). 

 Pois para comer con este viño pois tirei por:

De entrante: pâte en crute que é un clasicazo francés que está a ter unha nova popularidade. Este estaba moi ben, sobre todo a variedade ce recheo que tiña (froitas e sementes ademáis das diferentes carnes). Pero ... hai que dicir que o cortaron moi fino. Podían ter sido máis espléndidos. (Nota, o que quería pedir como entrada era a médula gratinada (Os à Moelle gratiné) pero xa non tiñan.  

  E de principal pois para que concordase co viño que estaba tomando pedín o «Boeuf Bourguignon "Grande Tradition" mariné 24h au vin rouge, oignons et lard». Moi sabroso, mereceu a pena. 

E de postre, pois xa estando en Francia, pois a «Crème brulée». Que estaba ben, pero tampouco para alucinar moito. 

 Xa sei que non sona moi entusiasta pola miña parte pero só estou sendo honesto, en realidade o sitio gustoume bastante e recoméndoo. Así queda en plan breve:

O Petit Sommelier é un bistrot con cociña tradicional e sobre todo moi centrado no viño. Ten unha carta de viños que máis que extensa é selecta e completa. Ben de comida, a prezos moi parisinos (pero non prezos turista), e pedide sin medo que os pratos non son para fartar. Para comer está ben (sobre todo polo do horario amplio) pero realmente ten máis sentido para vir tomar viño. Por copa xa teñen cousa bóa (iso sí, coidado cos prezos) e logo se ides mirando nas páxinas da carta de viños veredes cousas que non son fáciles de conseguir. Do máis interesante é que ten un ambiente auténtico, principalmente de franceses comendo e pimplando, e logo algún que outro estranxeiro entendido que viu polos viños e tal. 

Nota, para que quede claro, todo isto que comentei aquí é para o Le Petit Sommelier Bistrot que está en Av. du Maine.  

Deixo aquí a carta cos prezos, por certo:


 

Porque se non queredes ir en plan de comida e só queredes tomar viños e picotear algo, hai unha vinoteca dos de Le Petit Sommelier na rúa Dagerre