martes, 23 de junio de 2015

Autentiquísamemente Mexicano: Tequesquite

Xa vos falara antes de ingredientes moi curiosos que teñen en México, coma o tequesquite. Ainda que sexa moi tradicional, non é facil de topar (ou se cadra non busquei eu ben).

¿Que é o tequesquite?

El tequesquite, tequexquite o tequixquitl (del náhuatl tetl, ‘piedra’; quixquitl, ‘brotante’, ‘Piedra que sale por si sola, eflorescente’) es una sal mineral natural, utilizada en México desde tiempos prehispánicos principalmente como sazonador de alimentos.
Químicamente es una roca alcalina compuesta por diversos minerales, que cambia su proporción de acuerdo al lugar de donde se obtenga. Está compuesto principalmente por bicarbonato de sodio, y sal común (cloruro de sodio), pero también contiene carbonato de potasiosulfato de sodio y arcilla. Su apariencia es la de sal sal común de mesa en grano grueso, pero con un color grisáceo.
Bueno, pois xa conseguín mercar tequesquite, e no meu caso, ademáis de gris, o certo é que parece unha pedra (algún tipo de pedra pomez casi):


De todas formas o que comprei eu viña un pouco máis moido (xa mo moeron no sitio un pouco):


Ainda parecendo unha pedra trátase dun mineral que se disolve na auga, así que cando o pos a ferver vai desaparecendo e diluese case todo:
Case todo, menos esa terra (ou arxila) que leva pegado.

En canto a sabor, ten un sabor lixeiramente salado, pero máis alcalino (sabe coma o bicarbonato). En realidade é unha conbinación de ambas cousas, e de algún mineral máis (e da terra esa coma dixen antes). É ben curioso.

De momento estouno usando para ferver cousas. Disque dalle un sabor diferente, pero polo momento non lle noto moito. Iso sí, coma é alcalino, cando ferves as verduras en auga con tequesquite, pois quedan con cor ben viva.

Proximamente prepararei esquites, que é o que lle vai millor o tequesquite. Xa contarei.

No hay comentarios: