Outra receita máis para aproveitar comida e sair do paso. Pero tamén para rendir tributo a un dos dous tipos de tacos que me gustan agora (os de pescado e os de guisado). Porque a pesar de que moito de vos pensedes que o taco al carbón é o plato perfecto é que un podería estar comendo continuamente en eles, o certo e que eu (que xa levo o meu terceiro ano en México) non so non tomo os tipicos tacos de bisté ou cabeza ou pastor, se non que poño cara de fastidio cando alguén tenta de levarme a un sitio de estes. En cambio si que lle dou agora ós tacos de guisado e os de pescado. E ás quesadillas (que parecen un taco pero non o son) e outros tipos de garnacha.
Bueno, pois nos puestos de tacos de guisado sempre teñen algún tipo de carne "en salsa verde". Coma eu tiña carne cociñada que sobrara da noite anterior (e xa estaba medio reseca) e tamén tiña tomates verdes, cebola e chile (sempre teño ingredientes para preparar salsa na nevera, se non poño nervioso).
A miña receita foi intuitiva, despois de tempo preparando salsas verdes e usando os chiles que máis me gusta (o morita apetecíame máis ca outro tipo). Pero bueno, comparto aquí unha receita máis detallada (e un pouco máis complexa) para a vosa referencia:
Pois eso, tiña uns filetes finos de "sirloin" xa cociñados e que co tempo e de estar na nevera estan resecos. Pensei se lle preparo unha salsiña verde, vanse voltar a poñer gustosos. Aquí está o comezo da receita:
Coma con todas as salsas verdes, comezase facendo os tomates cortados e a cebola (e o chile se usades chile fresco) nunha perola. Eu uso a miña ola de barro, para darlle un toque máis mexicano que nunca. Veredes que hay varias teorías en canto ó tempo que hai que deixar facendose o tomate, dende xente que o deixa un ná, ata xente que deixa que se faga moito (e hasta torre). Eu prefiro deixar que as cebolas queden ben douradas, para que contrapoñan un pouco a acidez do tomate.
Unha vez dourados, pois pasanse pola trituradoa para formar unha pasta (eu engadín chile morita, son eses puntiños vermellos que vedes na salsa). E agora deixase facer de novo na ola un ratiño, que vaia cambiando de color. Coma vedes comeza cun color apagado, e co calor vaise intensificando. Pero non moito, menos de 10 minutos, non ten que quedar un guisote espeso.
Nos ultimos 10 minutos, engadín a carne cortada en tiriñas. E deixei que se fixera un pouco e que fora facendose na salsa.
Se ben a carne con salsa verde podese tomar en plato, ou con arroz ou con nopales ou algo así, eu decidín rendir tribuito ós tacos de guisado e tomeinos en taco. Así que puxen no comal unhas cantas tortillas de millo, que quedasen ben feitiñas. (En moitas taquerias danche a tortilla apenas pasada polo comal, ou peor ainda quentadas no mocroondas, eu prefiro que se lles vexa xa algún puntiño queimado).
E voilá, a miña perola de carne con salsa verde, as miñas tortillas, un pouco de ovo cocido picado (é un engadido moi habitual nas taquerías de rua) e auga de jamaica infusionada na casa. Na casa coma na rúa: tacos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario