miércoles, 17 de junio de 2015

Non andes inventando: spaguetti con mole

Un engadido mas á lista de "pratos que preparas para sair do paso". Pero ca diferencia especial, de que este está feito co que podería haber nunha casa mexicana: 
  • pasta
  • mole
  • jitomate (si, ese vermello que lle chamades tomate)
De todas formas non foi unha idea ó chou, porque medio me inspirei nun plato moi mexicano.
De todas formas só collín a idea de que se podía facer pasta cunha salsa de sabor intenso (na sopa de fideo seco poñenlle chipotle). Porque polo demáis o meu plato é moi diferente. Porque na receta mexicana, o fideo faise moito e non me gusta.


Así que a miña trapallada é sinxelamente:
  • Un chisquiño de pasta de mole, á que se lle engade un pouco de caldo de polo quente, formando unha salsa máis ou menos espesa dependendo do gusto
  • Uns tomates frescos cortados en dadiños (sí, gostame poñerlle tomate cru á paste, probeillo en algún lado e gustame o contraste)
  • Fideo (capellini) feito ó dente 
Non tardei nin 10 minutos (o capellini é unha pasta que se fai rapidísimo, 3 minutos e xa está)


A parte increíble de todo é que sabía moi ben. Evidentemente sabía principalmente a mole. Por iso é moi importante ter un mole gustoso, non de sabor moi esaxerado.

Non sei se se pode conseguir mole en España, ou que tal será o de ahí. Pero bueno, sorprendentemente resultón este plato. Eu polo menos gardarei a receita, para máis ocasións.

No hay comentarios: