lunes, 23 de marzo de 2015

Colorín, Colorado: tortas de flores

Por variedade de ingredientes non vai ser. Porque a cociña mexicana ten unha variedade de ingredientes brutal, estan abertos e aproveitan todos os recursos da naturaleza:

Case calqueira tipo de animal: incluindo reptiles (iguanas por exemplo), insectos (escamoles, chapulines, gusanos), ou por exemplo, armadillos e moitos máis tipos de animal silvestre (actualmente xa non se come carne de can - en teoría - pero na cociña prehispánica sí). Aproveitan todas as setas (as comestibles), o huitlacoche.

Incluso comen pedras! Si, o Tequesquite é un tipo de mineral (bueno, parecido á sal común) que se usa para darlle sabor á comida.

E entre todas estas cousas, os mexicanos teñen pasión polas flores. A flor de calabaza é un clásico (que se come constantemente). Pero tamén se consumen outras flores:

Vedes este arbol tan alto? Pois ahí nas puntas vense unhas cousas rosas. Esas son as flores de colorín, e usanse para cociñar.


E non é cousa sinxela. Por un par de cousas: mirade o alto que é o arbol. Ten que ser fastidiado recollelas. Por outro lado, resulta que todo o arbol é tóxico. E tamén son un pouco as flores (por eso hai que cociñalas bastante tempo para que se vaian as sustancias tóxicas).

Aqui tedes as floreciñas. En xeral, prefirese que non estén ainda abertas: as outras as que xa están vermellas e son longas, son demasiado amargas.


Antes de comenzar hai que separar as flores dos ramallos, cousa que se fai a man.

Unha vez lista imos utilizar os gomos.


Como se dixo hai que fervelas durante unha bóa media hora para que as flores vaian liberando as súas sustancias tóxicas e sexan seguras de comer.


O xeito máis típico de preparar estas flores é nunha clásica tortas. Moitos vexeteais tómanse en México coma tortas, que é unha manera de dicir que se van a mezclar con ovo e fritirse. Non confundir as tortas ca torta. (A torta é coma lle din en México os bocadillos cun bolo de pan). Estas outras tortas son coma se foran chulas, pero en vez de fariña levan algún vexetal.

Eu seguín a receta que me comentou (cas cantidades e os tempos a ollo) a señora que me vendeu os coloríns, pero deixo aquí un enlace por se queredes unha verisón máis explicada:


Neste caso as tortas no levan fariña, coma moito levan queixo cotija (do que xa vos falei fai meses). 


Pois nada, é moi sinxelo, combinase o queixo, o colorín ben escurrido da auga e vai á tixola:


E xa están, aquí están as tortas, que acompañei cunh pouco de salsa picosa de jitomate (salsa de tomate pouco feita con chile jalapeño):

No hay comentarios: