A segunda parte do que comentei o outro día da cociña mexicana cas flores de colorín, esta vez vou falar de outro plato que fixen con elas.
Neste caso unhas moi sinxelas quesadillas.
A ver, unha quesadilla bóa ten que estar feita a partir da masa de millo, e cociñase a tortilla no momento xa co compango que leva dentro. Pero tamén é posible coller unhas tortillas frescas e facelas no comal. (Comal é a plancha tradicional mexicana, tradicionalmente era de barro, e hoxendía é metálica).
Neste caso é especial porque comprara unhas tortillas nas montañas do Estado de México e eran bastante peculiares. Porque co tempo que levo en México, doume conta que non hai 2 tipos de tortilla (a de fariña e a de millo). Non, hai máis tipos. Para descubrilo hai que ir a outros estados do país, ou ir a pobiños pequenos, onde fan tortillas estilo tradicional.
Preparar as quesadillas ten pouca historia, só hai que ferver durante unha media hora as flores do colorín, e logo nunha tixola acitrono unhas cebolas, e engado as flores escurridas.
Collo unha tortilla e combino a cebola, as flores, cun pouco de queixo que funda ben (Oaxaca é o mais axeitado). E alá vai a tortilla ó comal, para que vaia fundindo o queixo.
Cando esté preparado, pechase a tortilla e deixase lado e lado para que vaia pechando e quede a tortilla churruscadia (bueno eso vai no gusto do consumidor).
E xa está, unhas quesadillas quentes. Agora xa só hai que abrila de novo e meter dentro un pouco da salsa picosa que a un lle preste (salsa roja ou salsa verde).
No hay comentarios:
Publicar un comentario