lunes, 30 de mayo de 2022

Enoturismo no Ribeiro: Adega Celme

Cata vertical de 3 colleitas (2016 ,17 ,18) de Celme Pena Bicada. Acompañada cunha taboa de queixos galegos de primeira.


Paseino moi ben, e iso que só era ver viñas, visitar unha adega e probar uns viños.... Pero é que o lugar de Astariz, as viñas e a adega son unha chulada, e os viños son moi bós.



De estardes interesados, os da Adega arranxan estas visitas e catas todo o ano, reservando antes. Mirade na web https://adegascelme.com/



Eu ía con moitas ganas de poder comparar os viños de diferentes anos dunha mesma adega. Así que cando vin que ofrecían esto ¡alá fun! Tal coma imaxinaba o viño novo é máis aromático, intensos os aromas forais e afroitados, e xa bastante pouco no 2016.


Tal como conto parece que era mellor o novo, pois non, porque canto máis vello este viño, cada vez ía tendo un sabor máis intenso, enche máis a boca, e deixa un gusto unha vez bebido máis forte.
Así que co tempo perde unhas cousas e gaña outras. O viño cambia e está ben interesante.

Por certo non sei se víchedes que o viño novo nesa adega é do 2018 (si estamos xa en 2022). Contaronme eles que é unha decisión súa, e deixan o vino un tempo axeitado en depositos inox (teñen algun viño en barrica, pero o que estiven tomando non). E logo sen prisa (3 anos tardan) pois xa van facendo a mistura entre as castes (ah, esquecin dicir que cada uva vinifica por separado). Vamos, todo moi pausado e todo moi calmado. E a cousa interesante ... ¿o viño do 2018 sabe xa vello? Non, xa dixen arriba que sabe fresco e afroitado.

A visita as viñas e moi interesante, e explican todo sobre o terreo, o coidado de elas, as diferentes variedades e o traballo que fan. Ademáis, dende o alto da finca podedes ver unha preciosa vista de Astariz.





No hay comentarios: