sábado, 24 de enero de 2009

Unha enchenta de colinetas no 2008

Aproveitando que vimos de remtar un ano (xa sei, xa sei, que xa pasaron 20 días dende que rematou), quería aproveitar e relembrar algúns dos meus artigos favoritos que se estiveron publicando no blog de Colineta. (Claro que sí, que tamén esta na columna do lado...). Por certo que non está mal mencionar unha vez máis que as colinetas son un doce típico do Valadouro (e de máis lugares).

¿Ainda non ledes Colineta? Pois teno todo: actualidade (especialmente sobre as pequenas cousas do día a día) [Non pasa como en Laconada, que todo aparece con días e dias de retraso], tradición (con todas estas moi glosadas explicacións sobre pratos tradicionais galegos), e finísimo humor galego.

Ah, e sobre todo sentido común: facer que os lectores pensemos por nós mesmos e non tragemos coma verdades o que algúns escreben, coma o 'estudio' dos cervexeiros segundo o cal en Galicia nos encantaban as rabas. Os fabricantes da cerveza eran bastante coñeiros, pero eu casi prefiro a foto da cociña-fusión (Hamburgesería-Pulpería). Outra foto que me gustou moito foi a do cartel de Cerveza Leon que topou en Lugo, e en xeral este recordatorio da cantidad de carteles que había por todos os lados antigamente. Curioso ese cartel de Cynar, que faime pensar que en algún momento se debeu beber en España "L'Amaro vero ma leggero". Se cadra se tomaba todo este Cynar a medios.

Pero todos che son de lectura moi agradable, coma cando se explica o proceso de fabricación do viño tostado (e do que non é tostado se non outra cousa), ou escrebe sobre a carne picada e os preparados cárnicos (que tal coma comenta, polo feito de estar picada - maior superficie - ten moito risco de se contaminar). E tamén reparou (e tivo a ven a apuntar todos para deixarnolos por escrito) a variedade de orixes do peixe nunha pescadería de supermercado. Talmente coma aquela historia que falaba dun zoologo xaponés que descubriu centos de especies novas sen montar nunca nun barco. Tan só se erguía cedo e se achegaba a Tsukiji. Un pouco coma no caso da 'almeja almendrada' (se ben esta non era unha especie nova, se non unha denominación moi imaxinativa).

De feito relacionado cos pescados vai un dos meus seriales favoritos do verán: o caso dos 'santiaguiños'. Ese marisco tan escaso, que non importaba que se abrise a veda porque ninguén os vía por ningures. Ata que este ano había Santiaguiños por todos lados. E unha chea de cigala real, que a algún xa lle gustaría que fosen santiaguiños. Con razón era sospeitoso que os houbera no veran, porque resulta que agora se recollen para o Nadal, e algún zampou en eles.

E uns meses antes, por difuntos, poidemos ler sobre os pratos típicos de difuntos. Ou tamén falar un pouco máis sobre as sardiñas revenidas e as lañadas. (Ruth compartira a súa receita de sardiñas lañadas). E deixounos unhas fotos e receita duns bertóns recheos (agora xa sabemos para que iba Colineta a mercar a carne picada).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estupendo resumo. Gracias.