domingo, 20 de marzo de 2022

Vai de coctails: tequila sour

Si que debo ter motivacións rebuscadas ... sobroume de outra receita (unha carbonara) clara dun ovo e pensei que facer con ela ... ¡e pensei que podía facer un coctel da familia dos sour! Porque xeralmente os cócteles que teñen "sour" de apelido, levan clara de ovo. 

Ainda que se mirades por ahí, por exemplo hai whisky sour sen clara ou con ela opcional ou o pisco sour sen ovo. Pero ó final todo esto son variacións porque a xente ten un pouco de medo traballar con ovo crú pola salmonella. Eu coido que o risco é baixo, porque todos estes cócteles teñen moooito máis destilado que ovo, e ademáis preparase moi frío co que ... é ben seguro. O que sucede é que se lle sacas ó ovo, o coctail non ten a escuma moi moi espesa que é o que caracteriza este tipo de coctel. 



Así quedou coma digo o choio é que o coctel ten un toque case merengado... 




No meu caso tiña tequila e quixen probar unha versión co tequila. Hai varias receitas (coma pasa con todos os cócteles) para o tequila sour. Eu escollei este que ten moito tequila, e usa xarope en lugar de azucre glass e cousas de isas. 


Ingredientes:
- 2 partes de tequila reposado
- ½ de clara de ovo
- 1 de zume de limon
- ½ de xarope

(O xarope preparalo rápido en casa, neste caso é un xarope de 2x1, pos dúas partes de azucre, e unha parte de auga, e logo quentala hasta que ferva e disolva todo. Este xarope logo metelo nunha botella e telo para outros cocteles no futuro). 

(O ovo era natural e cando separei a clara quedaron unhas cousas flotando na clara, así que a pasei por un colador antes de metela no cóctel, para que quedara todo o máis impecable posible). 

Axitar primeiro en seco (sen xeo) e cando esta ben escumoso… meter xeo e axitar de novo.

Os cocteles con ovo necesitan axitar moi intenso porque hai que bater o ovo case ata un case merengue.

Hai un conto moi interesante dos cocteles con ovo, sobre o Ramos Gin Fizz:

La clave para conseguir un adecuado Ramos Gin Fizz es conseguir una espuma estable a partir de la clara de huevo y la nata; la historia cuenta que en tiempos de Henry Ramos, el cóctel se preparaba agitándolo por 12 minutos, la coctelera pasaba de un barman a otro, y se volvía tan fría que había que envolverla en tela para poder manipularla.

Ramos Gin Fizz, un cóctel que es todo balance y textura 

 



No hay comentarios: