martes, 22 de marzo de 2022

Investigando nos amontillados: Tío Diego

 Hai uns meses deume por probar amontillado.

¿Porqué? Pois bueno é un viño moi especial. É un viño vello (ainda que habitualmente non se lle da unha idade porque coma vai por soleras, vai cambiando de bocoi cos anos) máis vello que calqueira viño que poidamos mercar a 20€.

Logo ten esta complexidade de que ten dúas crianzas: primeiro crianza biolóxica con velo de flor e logo crianza oxidativa.

Vamos unha cousa diferente. Hai máis viños encabezados, hai crianza biolóxica en outros países pero o de primero unha e logo a outra é bastante propio deste. 

Obviamente hai cousas moi caras no mundo dos amontillados pero eu comecei por abaixo. Ademáis non é necesariamente sinxelo topar amontillados (finos, manzanillas, PX sí... pero Amontillado non se distribue tanto). Tiven sorte de topar nunha tenda este Amontillado Tío Diego de Bodegas Valdespino

(Por certo se mirades as fotos veredes que a miña botella e xa de hai un tempo porque agora teñen outro diseño diferente. O bueno é que estes viños amontillados, teñen tanta graduación que ... malo vai ser que se estropeen na tenda). 

E o Tío Diego resulta ser unha moi bóa introducción ó mundo do amontillado. Ahí tiven sorte. Este amontillado non leva encabezado para remtar a crianza biolóxica. Só deixan que vaia subindo de graduación naturalmente ata que o velo de flor morre e entón pasa á oxidativa.

Falando do viño... estes viños sonche interesantes ... seguen sendo secos, e neste caso ó vir directo de fino manten recordos a esto, pero ... logo no sabor hai algo de froitos secos e no aroma tamén se lle nota caramelo (ainda que coma dixen é seco, seco).

O choio que ten é que ... ainda que este viño por toda a súa complexidade pode ir con moitos tipos de comida, ten tanta graduación (casi 20º) que eu coido que presta máis para tomar unha copichuela de aperitivo.

Eu acompañeino cuns queixos curados e algo de embutido de casa.


Iso sí, foise bebendo durante varios días, porque coma xa dixen unha ou dúas copas de isto e xa vas polo aire. Así que é un viño para ir disfrutando con amigos e con moita calmiña. 





No hay comentarios: