martes, 27 de septiembre de 2022

Os bares/cafeterías máis xeitosos do Camiño Inglés (Ferrol-Santiago)

Facendo o camiño inglés coñeces vilas con tradición medieval (Betanzos, Pontedeume), cidades de arquitectura moderna e tamén industrial (Ferrol, Fene), pero tamén hai unha parte importante do camiño no que viaxas por pequenas parroquias e lugares tranquilos. 

Unha das cousas más interesantes que fomos coñecendo no camiño foi varios de estes bares (a maior parte de eles tamén estanco) que hai en moitos lugares para dar servicio ós viciños, e que agora tamén acollen a peregrinos. 

Así que esta lista vai con recomendacións dos lugares máis xeitosos que descubrimos no camiño (hai outros tantos máis, e non digo que non fosen xeitosos, pero eu preferín estes). E non fai falla facer o camiño para coñecelos. Se algún día andas por Ordes, ou Abegondo ou de paseo por Cabanas, podes achegar a tomar unha cervexa nestes sitios que estan un pouco máis apartados pero teñen moito interese. (E poñen pinchos ben sabrosos e fan bocadillos con pan de rosca). 

O Mesón de Cabanas (Cabanas - A Coruña) 

 

Supoño que moitos de vos teredes estado en Cabanas (ten unha praia famosa e moitos sitios coñecidos para ir comer), e moitos tamén teredes estado en algún Mesón por alí. E estaredes pensando que xa o coñecedes. 

Pero probablemente non. "O Mesón" de Cabanas é un estanco/bar que está na parte alta de Cabanas, nunhas ruelas estreitas. ¿O meson no que estivechedes era así? Pois entón, sí que o coñecedes.

Polo que xa dixen O Mesón non é un sitio moi grande e non está nun sitio moi localizable. E ademáis bar e tenda ó mesmo tempo (non só estanco). Ten un pouco de todo. 

Non teño fotos do sitio, pero é un lugar acolledor, un pequeno recordo do pasado no que podes tomar un viño, unhas cervexas e uns refrescos. Coido que non dan de xantar nin teñen picoteos, pero ... son de estes sitios onde sempre vai todo cunha tapa. Garbanzos, empanada, chourizo. Sempre hai algo. 

Lugar a visitar (ainda que xa dixen que a comer non, logo non reclamedes). 

Los Angeles del Camino (O Vento - Paderne - A Coruña)

Pois isto que saes de Chantada en Paderne (si, sempre hai algún sitio que se chama coma outro sitio máis coñecido en Galicia) e para chegar a Gas (parroquia de Betanzos) hai que subir a Costa Matacabalos. Non sei se iste é o nome oficial da costa ou é un invento, pero o nome de "Matacabalos" é tan caralludo que non vou dicir que non. 

E bueno, conforme vas subindo a costa vas perdendo todos os folgos do mundo e desexando que o choio remate. E xa chegando arriba de todo, cando xa vas desfalecido.... Topas unhas sillas, uns chamizos e das con Carlos. 


¿Que é isto? Pois resulta que dado que non hai nen bar, nen fonte nen nada entre Chantada e Betanzos (en Gas tampouco hai gran cousa), e habendo esta costa tan fastidiada, pois Carlos montou este pequeno punto de descanso na costa.

Ten unhas cantas cousiñas para os peregrinos. Todas son sen prezo, á vontade dos visitantes. Teñen froita (bananas). Bocadillos de xamón. Bollería. Galletas.
De beber teñen auga, refrescos e cervexa. 
Si, os peregrinos somosche así, gostamos moito da cervexa. Segundo comenta Carlos (e sen que se sintan sinalados) os andaluces adoran a Estrella Galicia e toman toda a que hai ou máis. (Pois que lles preste). Nos  fomos máis de bananas, que agradecemos moito o que tiveran froita, que non nos foi tan fácil conseguer. 



Bar Caravel (Meangos - Abegondo - A Coruña)

Logo de caminar un bo rato dende Betanzos, chegas a un tramiño no que hai que ir pola comarcal. E cando digo ir pola comarcal non é ir polo arcén, porque non ten arcén. Hai que ir pegado. Da un pouco de risco. 

Pero bueno, un pouco máis adiante, chegas a Meangos e alí na beira da estrada ves una casa vella, con algunhas cousas pintadas de varias cores. Ese sitio e o Bar Carabel. A pesares das cores isto non é "unha tourist trap". E tan só un bar de lugar pequeno (onde van a ver os partidos de futbol e falar das súas cousas) que está pegado á beira do Camiño Inglés. 

A xente do lugar é tremendamente simpática e acolledora. Vale que supoño que para a maioría dos peregrinos (que son estranxeiros) pois teran conversa limitada. Pero ben se preocupan de todos eles. 

Ademáis de cafés, refrescos e cousas de estas, pois manteñen as tradicións da zona de Betanzos. E segundo nos contaban, a tradición en Betanzos é o viño de Ribeiro en cunca (xa sei que Ribeiro queda en Ourense e Betanzos en Coruña, pero eu non son quen de lles discutir á xente de Meangos). E non quedamos sen probar o viño na sua cunca. 

Ainda que non se vexa xa na foto porque papamos 3/4 do bocadillo. En Meangos (coma en Carral, coma en Ordes e coma en Oroso), cando pides un bocadillo non cho fan con barra de pan. Faise con rosca de pan. Así que o bocadillo ten forma de sector de círculo. 

O que sí que non hai maneira ... e que ainda que en todos estes sitios teñen queixo do pais e chourizos da casa. Cando pides un bocadillo dancho de queixo de barra e chourizo en lonchas de tenda. Así é. Un chourizo para as racións e outro para os bocadillos. 

Se pasades ou vivides pola zona, pois collede o coche e ide un día a tomar un viño alí e falar cos veciños. Os días de futbol, pois hai futbol (supoño que son do Deportivo, non si?). Así que tedes varias cousas que ir por ahí. 




Casa Avelina (As Travesas - Carral - Coruña)

Casa Avelina queda a uns kilómetros do final da etapa de Bruma (que é un lugar que merece moito a pena visitar e parar en Casa Graña, que tamén é un restaurante xeitoso). E claro chegas ahí xa rematando a etapa e con ganas de descansar un rato (e coma xa é tarde no día, pois en plan de cervexas e non café). 

E en Casa Avelina hai moitas cervexas e pinchos. Tamén hai bocadillos por non é un sitio para comer. É un sitio para folgar e para falar. 

Unha das cousas curiosas de Casa Avelina é que están galardonados co "Solete" da Guía Repsol. Vale, un premio máis (e ademáis un tanto extraño porque xuntan xeaderías, chiringos e incluso restaurantes). E porque ten o premio Casa Avelina que non é un sitio de ir xantar... 

Pois por Avelina e Maricarmen, as irmás que levan dende hai moitos anos o lugar. Que son moi falangueiras e acolledoras. Cando os peregurinos pasan pensan que é un sitio máis onde parar 5 minutos e rematan pasando moito máis rato e tendo non so descanso se non sintíndose acollidos. 




Café Bar O Cruceiro (A Calle - Poulo - Ordes - A Coruña)

O Cruceiro está moi ben situado case a medio camiño de etapa entre Bruma e Sigueiro. Así que esta ben, porque pasas por ahí á hora do aperitivo. 

Estar está en A Calle. Que non confundir con A Rúa, que tamén existe en Ordes na parroquia de Buscás. Si, no Camiño Inglés primeiro pasas por A Rua (onde hai un bar tamén) e logo pasas por A Calle. 

En O Cruceiro tamén tratan moi ben. Teñen claro que sí, cafés, refrescos e cervexas. Pero tamén hai de comer bocadillos (outra vez en pan de rosca), empanada e humus para a xente vegana (que sorte para os peregrinos de este xeito). 

É unha casiña antiga, que xusto está diante dun cruceiro. Nome máis apropiado non che hai. Estando onde está e cun cruceiro na porta ... ¡os turistas devecen por facerse selfies na porta! E mira, non está mal, poucos cruceiros de Galicia teñen tal cantidade de visitantes. 





No hay comentarios: