A miña tía regaloume uns peróns preciosos, e ainda un chisco verdes. Os perfectos para facer peras ó viño.
Unha das cousas xeniais das peras ó viño é que podes gardalas varios días. De feito eu considero que estan no seu punto logo dun par de días no viño.A receita non ten historia e realmente nin fai falla poñela. Pero se caedes nesta páxina buscando, pois porque non dicir a que usei.
Ingredientes
- Media ducía de peras ainda non moi maduras
- Medio litro de viño tinto (eu usei un mencía de batalla, sen DO, con pouco alcohol pero cor intensa)
- 150g de azucre (eu usei azucre morena, pero calqueira vale)
- un vaso de auga
- zume de medio limón
- codia de limón
- canela
- anis estrelado
- cardamomo (habitualmente usanse as vainas, pero eu so tiña as sementes e vale igual)
Preparación
- Pelar as peras deixando o rabo (eu tamén deixo o caliz de embaixo, logo cando se vai comer, pois iso non se come e xa está)
- Preparar un sirope quentando a auga e o azucre a lume baixo
- Cando esté disolto engadir as especies, a codia de limón e o zume de limón
- Neste momento engadir o viño e deixar que se quente a lume medio (sen que ferva)
- Engadir as peras no viño
( A idea e que o viño cubra completamente ás peras, pero as peras aboian, así que o que fago e de cando en cando movoas un pouco para que empape co viño).
Agora comémolas de sobremesa. Pero non tiro o viño, porque o que fago e que as que sobran gardoas no viño e quedan para outro día.
E xa está todo. Bo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario