viernes, 28 de octubre de 2022

Como fan Pan de Muerto (Hojaldra) en Toluca


Se tedes curiosidade podedes facer o postre típico mexicano do Día de Muertos: ¡pan de muerto! A ver, de principio vaisevos facer moi raro porque ... ¿facer un postre adicados ós mortos? Pois sí. Logo outro día falamos de iso... Aquí vai a recieta. 

Neste caso todo o que poño aquí e todas estas fotos que comparto foron en 2016, cando fun a Toluca (unha cidade ó lado de Ciudad de México). Os meus amigos teñen a tradición de facer a finais de Outubro pan de muertos, que usan tanto para comer, coma para adornar a súa ofrenda:

Coma observades na ofrenda, ainda non hai Pan de Muertos porque ¡ainda non o fixéramos! 

Non vou a entrar moito no tema do dos Panes de Muerto, pero hai varias fortas tamaños e tradicións. En xeral vin que case todos os Panes de Muertos de México levan fariña de trigo, manteiga e ovos. Son un pouco coma un roscón, pero ten un acabado un pouco diferente. En Toluca teñen algo de especial que as chaman tamén "hojaldras" (ainda que non levan nada de follado). Pero á xente de fora de Toluca faiselles raro, porque eles chaman "hojaldras" a cousas que non son panes de muerto. Pero bueno, isto pasa moito en moitos sitios, que as cousas chamanse diferente. 


Ingredientes

  • 1 cucharadita de levadura de panadeiro
  • 4 cuncas de fariña 
  • 1/4 cunca de auga
  • 7 huevos
  • 1 culleriña sal
  • 1/2 taza de zucre
  • 125 gramos de mantequilla
  • 2 laranxas verdes
  • canela moida
  • aroma de vainilla (do que ven en botellas grandes e é de cor escura)


A preparar


O primeiro paso é con parte da fariña (unha cunca) e un pouco de auga morna e a levadura, pois xuntamos toda e deixamos levedar. Que quede un pouco líquida, así leveda mellor. Aqui na foto xa a tiñamos de antes e tiñamola nunha bolsa. 



Raiamos a pel da laranxa (non sei porque queren laranxas verdes alá, supoño que na tenda non as ides topar verdes pero bueno, ahí veredes). 

Quentamos a mantequilla ata que a derretan (si, xa sei na maioría das receitas non derreten a manteiga, pero nesta casa fan así). 





Comenzamos coma todos os bós pasteis... mezclando a fariña cos ovos e a manteiga. Neste caso tamén botamos moita canela (xa vedes na foto), moito aroma de vainilla, e todo o azucre. 


Unha vez mezclado engadimos a masa que leva a levadura. 


Agora chega o momento de amasar. Hai que amasar moito. Aqui coma vedes dabamoslle a 4 mans. Ahí con forza. 


Unha vez amasada, cubrimos cun paño e deixamos nun lugar morno a que levede. 


Agora toca facer as boliñas individuais. Imos sacando pequenas cantidades de masa (a que entra dentro dunha man). E facemos unha bola e damoslle así voltas. Non sei ben que fai con todo ese mareo pero queda moi curioso. 





Ainda que lle damos bolta ata ter unhas bolas logo ó poñelas na forma aplastámolas (non vos preocupedes, logo crecen no forno). Non usedes toda a masa para os bolos, hai que deixar unha pouca para o adorno. 




Agora chega a parte interesante. Cada unha das bolas hai que adornalas así. Para facer isto é moi sinxello, pillas unha peza de masa e fas un "churro" movendo ca man enriba. E logo daslle forma para que queden bultiños. A tradición di que estes adornos representan os "osos do defunto". 




Nota, en alguns dos pans fixemos a xogada de cortar cachinos de chocolate e metemolos dentro das boliñas antes de ir ó forno:




Quentas o forno a 180º (mellor xa facelo antes mentras estas rematando as decoracións). 


Coma son bolos pequenos só necesitan coma 20-30 minutos de cocción. Vas vendo que comencen a quedar dourados os "osos de adorno". 




E aquí vai imaxen de coma quedan. Coma vedes fixemos parte con osos e parte sen osos. Ambas saben igual, só teñen diferente aspecto. E xusto mira, poñemos a imaxe de coma quedan as que levaban chocolate: 



A idea dos panes de muerto é que poden durar varios días. De feito por iso se usan nas ofrendas. Non só polo choio "simbólico" dos osos. Se non porque é algo que aguanta ben varios días (igualmente cando se pon froita prefiren froita que aguante varios días). E isto é importante porque ... estes adornos da ofrenda debense comer cando a ofrenda remate (a ofrenda dura 3-4 días).


 

No hay comentarios: