viernes, 23 de mayo de 2025

¿Queres xoubas... ou peixe seco?

Pois iso do título foi o que me dixeron o outro día. Parei nun furancho que hai en Bueu e cando lles pedín que quería tomar peixe frito preguntaronme: ¿Queres xoubas ou peixe seco? Logo aclaroume que o peixe seco serían chinchos. 

 

Pois así eran eses chinchos. Coma vedes estaban abertos (supoño que para poder asolealos un pouco millor) e sen cabeza. Notabaselles que pasaran por algúnha salgadora. De sabor, notábaselles un sabor máis intenso e concentrado a peixe ademáis do salgado. Pero ainda se lles notaba o sabor á fresco.

Según me explicou o que trouxo o peixe, deixanos ó sol unhas horas e xa chega. Non están por tanto extremadamente secos, e eran por tanto do día (cominos pola tardiña). E que cando estan ó sol (poñíanos na entrada da casa) hai que ter ollo porque ben rápido aparecen unhas gaivotas que parece que cheiran ó peixe á distancia. En outras ocasións o que fan é poñerlle unhas redes enriba para protexer mentras os deixan a asolear.

Bueno pois así era este peixe seco que preparan por Bueu. Eu sei que todos temos visto fotos antigas de peixes colgados a secar (en Muxía ainda se conserva a tradición co congro seco, que curiosamente non se toma tanto por Galicia, se non que principalmente o congro vai para Calatayud).  

En A Guarda teñen (e coido que manteñen)  a tradición de secar o litán o peixe couro. En outros sitios fan algo parecido ca zapata que coido que é case o mesmo peixe ca o litán. E mil e outros tipos de peixes, antes das conservas, o xeo e a conxelación, moitos peixes eran secados

Neste caso o choio era diferente, porque en lugar de secar o peixe para longa duración e que necesitase hidratarse logo, o sol parece máis ben só un paso previo para darlle sabor ó peixe e deixalo listo para cociñar. Coma digo, si cambia o sabor. Eu non coñecía esta tradición, e bueno, non sei se xente da costa ten visto facer este tipo de secamento previo a cociñar no peixe, xa me diredes. 

Se vos chamou a atención o choio, e queredes probar este peixe (estes chinchos estaban tremendos, pensade que son chinchos de baixura pescados en Bueu, non ides topar cousas así no súper!), pois podedes se vos achegades polo Furancho A Torre (nunha parroquia de Bueu, na estrada que vai dende Agrelo hacia Cela, un pouco máis arriba do Colexio Público). 

O choio non está en dar con el, coma digo é bastante sinxelo porque esta na estrada xeral que vai á igrexa de Cela. O asunto é dar cas datas de apertura porque como bó e auténtico furancho abre cando lles da e non sae en webs nin na prensa. Saben os viciños ou os que van por alí. Este ano estaba aberto a metade de Maio, así que apuntade as datas que malo será.

Obviamente falando de Bueu teñen Tinta Femia (Caiño Tinto), que coma estilan na parte de Bueu serven en vidro, o cal permite observar a súa transparencia. Xa só por poder ir a probar este tinto (que é a razón pola que eu pasei por alí) xa merece a pena. O do peixe seco xa foi o premio rendondo. Coma vedes, aquí acompañan sempre cada viño cun pincho da casa. Tamén tiñan branco pero non podo dicir nada porque non o probei. 

No hay comentarios: