Non é que vos vaia eu tanto por Santiago, pero de cando en cando aparezco por ahí, e moitas veces un pouco de paso. E o domingo pasado, pois estaba eu entremedias a coller un tren pola noite, así que decidín ir tomar algo pero así en plan pouca cantidade...
E tiña un pouco a idea de tomar un bocadillo de chicharrón (con queixo se tal), pero xusto dos sitios que tiña máis ou menos fichado (Chichalovers e o Frankfurt) pechan no domingo, e os outros sitios que localicei ofrecían tostas de chicharron e queso... e a min o choio das tostas non me parece mal, pero faime pensar nun sitio de "picoteo", con moita xente e pouca cousa.
Pero surprise, no Google Maps se pos chicharrons aparece un sitio que se chama Snack Bar en Santiago de Chile:
Pois sabedes que, entón aquel foi o meu sitio elexido. Xa vai sendo coma a enésima vez que cando chego a Santiago e ando paseando polo Casco Vello remato tirando cara o Ensanche. Para comer ou beber fáiseme unha zona que sempre ten moita autentícidade.
E ademáis teño un cariño especial porque faime sempre ter lembranzas do grande Snob Megalove (Esteban Yañez). E iste Snack Bar na súa rúa e que fai street food china íalle encantar. Non era só ir comer, se non era tamén un pouco lembrar a un amigo.
Bueno, e agora logo de tanto palabreo. Asi luce por fora o Snack Bar. Para quen teña curiosade, o de enriba é 小食屋 (snack house segundo o traductor do móvil). Así que todo ben claro co nome!
Que lucir coma vedes lucen moi ben, e non lles falta nada do que un espera (logo de levar eu varios anos vendo videos de xente comendo estes Jian Bing, porque é coma que as redes sociais adoitan a sacarme cousas de estas). Estan sabrosas, alimentan sen tampouco empachar. Un inventazo eh!
Así que a min encantoume a comida, góstame o concepto de facer comida popular china que non sexa necesariamente o típido dun restaurante, nen intentar ofrecer cousas que teñen outros sitios. Penso que é moi orixinal, e tamén axuda moito a promover un pouco máis o da cociña china, que non é todo igual.
E bueno, queda apuntado para outra que pase por Santiago (a ver cando é). E espero que lles sigua indo ben. Eu un pouco por onde están, polo concepto de comida que teñen e polo dos bubble tea, supoño que ten que funcionar moi ben ca rapazada e cos estudiantes ¿é así? Bueno, eu son un pouco vello de máis para xuntarme con eles, pero aprecio este tipo de comida e moito.
E encantaríame que lles vaia ben no negocio, porque cáeme de maneira xenial á muller que o leva. Sempre moi simpática e moi feliz, que xusto coincidiu que coma era domingo e non había moita clientela estaba alí falando cos seus amigos e falando co seu fillo.
Snack Bar
(street food chino)
R. de Santiago de Chile, 13,
15701 Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario