martes, 15 de abril de 2025

O Furancho de Andrés en Vilariño

  

 Un pouco continuando cun post da outra vez, observei que mentres que de algúns furanchos hai de sobra presencia e fotos nas redes, de outros furanchos, pois é coma que están un pouco fora do radar. E bueno, poño unhas fotos, sen que sexan gran cousa de reveladoras, pero se algún día alguén pregunta coma era o Furancho de Andrés, pois aquí ten estas imaxes.

 
Ah, e non teñades medo que pola miña indiscrección encha o Furancho de fodechinchos. Este furancho é moi fugaz, se ven vedes  que ten ahí dous tanques de 200 litros, non duran nada porque hai clientela moi professional e o viño voa! Neste 2025 abriron o venres 4 de Abril, e para o domingo xa case non quedaba viño. Pero moi ben. 


 

Aqui tedes a lista de prezos e as comidas que ofrecen para acompañar co viño. As empanadas e empanadillas tiñan unha pintaza. O chourizo viña fritido, pero nos tiramos polo bisté, porque nos apetecía máis. E aquí trouxeron un bocadillo para compartir cos dous: 

En canto ó viño: branco e tinto. (Isto que pode parecer obvio, non vaiades pensar, por estes rumbos é bastante habitual ter só ben branco ou ben tinto: son xente que ten pouca viña e ademáis hai unha tradición de que na parte que mira cara o norte tiñase tinto e na parte que tira cara o sur tiñase branco).

En canto a estes viños, gustaronnos ben. O branco caería moi ben con toda esta xente nova que anda moi entusiasmada co "orange wine". Da mesma maneira que torcería o morro á moitos máis conservadores que están en contra de ista moda. Pois a ver, aqui só estan a facer coma sempre se fixo en Galicia, que é que o viño branco ferve ca pel, e entón queda así un tanto máis escuro e turbio. Ainda así, o viño sabía ben a Albariño e Espadeiro. 

No caso do tinto (que foi o meu favorito), se cadra ando eu un pouco suxestionado, pero noteille eu o Tinta Femia. Que se cadra non é a uva que teñen, pero sí tiña frescura e sutileza sen pasarse de taninos. Iso sí, escuro coma un espello.

Gostounos moito o furancho, e a ver se para o ano damos regresado.

No hay comentarios: