miércoles, 4 de marzo de 2026

A "Pequena Lima" ou o encanto do menú do día peruano en Vigo

 En Vigo xa tiñamos dende hai algún tempo uns cantos restaurantes peruanos. E xa tíñamos falado de eles fai tempo aquí en Laconada de Kero e de Vinoteca Época. Pero van abrindo cada vez máis restaurantes, tamén moi peruanos pero un tanto diferentes. Coincide que case todos estan abrindo pola parte dos Choróns / Calvario / Travesía de Vigo.  Entón casi se pode dicir que esa zona é a "Pequena Lima" ou "Pequena Arequipa", ahí hai unha chea de bares e restaurantes peruanos. 

O de un tanto diferentes é que estes bares e restaurantes son para os peruanos que viven en Vigo. Case todos teñen música, funcionan moito como bares (ou hai tanto xente comendo coma só xunto cos amigos) e podes coincidir con que están facendo unha celebración e un cumpreanos, pero millor que así teñen moita vida. (E se alguén pensa que non vai ser benvido non sendo peruano... a min teñenme acollido moi ben e coido que si lles encanta compartir a súa cociña con todo o mundo e sempre me preguntan se comín ben). 

O que sí, e que eu de festas e tal non sei porque principalmente estou indo a estes sitios ó mediodía. E entón a cousiña está tranquila, só está xente comendo ou falando. Porque o que vou falar aquí e de ir a xantar durante a semana nestes restaurantes e tomar o seu menú do día. Porque no menú do día vanche cambiando os pratos de cando en cando e moitas veces incluen pratos que non teñen normalmente na carta. E é moi xeitoso probar tamén en racións máis pequenas. 

E ainda que fale de menú do día, todos estes lugares teñen carta nas ceas e nas fins de semana (e moitos de eles, na fin de semana fan pratos máis complicados e especiais, así que preguntadelles). E se o menú do día é bo, pois a carta tamén vai ser! 

Mama Cata

Fina estampa descubriuma un amigo que pasa moito por Travesia de Vigo hai un tempo. Eu apunteino para ir. E logo un día que tiven que ir por un tema pola zona ó mediodía, vinlles o cartel no que anunciaban o menú do día e parei a comer.

Naquel día descubrín a Sopa de Morón. E o Picante de Carne (que cruiosamente non picaba moito, pero coma sempre trouxeron ají para que lle botase un a vontade). E inclue postre. 

Moi rico o menú. Merece a pena regresar, e incluso seguro que a súa carta que é moi amplia estará moi ben. Ademáis o local é grande e etá nun sitio moi ben comunicado (no cruce entre Via Norte e Travesía de Vigo). 



Ademáis logo descubrin que no seu Instagram  van anunciando cada día que teñen de menú, así que é moi convinte, pois xa sabes que vai haber antes de ir! 

Fina Estampa

Por certo supoño que coñeces a famosa canción Fina Estampa de Chabuca Granda, non? Bueno, pois este bar chámase así pola canción (ainda que non me deu en escoitarlles que estivesen poñendo nunca a Chabuca na tele). O Fina Estampa está un pouco máis complicado de localizar porque se ben está a 100 metros de Urzaiz está nunha rua pequena e non tan transitada. Ademáis por fora (e por dentro) non di nada de que teña comida. Pero si sirven comida todos os días e tamén teñen pratos especiais na fin de semana. Neste caso tedes que entrar e preguntar.

Segundo me explicaron eles teñen un canal de Whatsapp no que indican que hai de menú, e tamén teñen cousas fora do menú por se a xente quere pedir. Sexa coma sexa non fai falla que vos apuntedes no grupo, só sabede que durante a semana hai menú do día. E ides ir a sorpresa. E se un día ides e non hai menú, pois sintoo!

Eu fun a comer 3 veces e probeilles a "chaufa de pollo", "sopa a la minuta" e un "pollo al sillao". As tres cousas con moi bó sabor e un toque moi caseiro. Sinxelo pero moi sabroso. E unha cousa que me impresionou as dúas veces son a súa salsa de aji (probei dúas diferentes) que tiña un saborazo xenial. É un sitio que a verdade teño apuntado para regresar máis veces, ainda que coma digo o problema é saber que van ter. Terei que apuntare a ese Wassap ou chamar antes de ir.

Fina Estampa
Rua Gonzalo Torrente Ballester, Rúa de Urzáiz, 6, 36204 Vigo
☎️623276294


Imperio Intenso

Pois a Imperio Intenso é ó que máis veces fun porque antigamente estaba moi perto da miña casa así que podía ir andando a xantar sen problema. Pero agora cambiou de local e está en Pizarro (máis perto dos outros restaurantes e por tanto do que eu chamei Pequena Lima). 

No Imperio Intenso teño probado da carta o "Ceviche Tradicional", o "Aeropuerto" e o "Tallarín Saltado". 

Pero ó que imos, en canto no menú probeilles a "sopa do día" e o "escabeche de pollo". Os dous gustáronme moito. 
O choio é que coma cambiou de local e no novo ainda non sei se van a ofrecer o menú do día... pois vou deixar a información do sitio, e xa completarei se podo ir de novo: