viernes 10 de agosto de 2007

SARDIÑAS LAÑADAS / SARDIÑAS "SALPRESAS"

Quixera que esta receita fora unha homenaxe á miña abuela. Foi ela quen me falou por primeira vez deste xeito de conservar as sardiñas. E por curioso que pareza e co cariño que lles teño, ainda non as probei, pero si as teño preparadas para o consumo.
O conto é salgar o peixe durante horas ou días para preparalo posteriormente.
O procedimento ven sendo así: lávanse, decapítanse, desespíñanse e eviscéranse as sardiñas. Déixanse limpas e abertiñas polo ventre sen chegar a retirar a cola. Nun recipiente bótase sal gorda no fondo (eu utilicei unha que venden en paquete de 2 Kg indicada especialmente para salazóns, cociña "á sal"...), e vanse deitando por capas as sardiñas alternadoas con outra cobertura de sal, de xeito que ao final non queden as sardiñas ao aire.


Este sería o resultado da cobertura total (Foto 1)
E ao seu lado temos as sardiñas despois de 4 días.
Se se deixan máis de un día con sal é bo deixalas a remollo dun día para o outro (camo o bacallau)
O xeito máis común de preparalas é cocidas con cachelos. Primeiro cócense as patacas e nos últimos minutos bótanse as sardiñas.
Prometo voltar con novas despois de catalas. A miña ilusión é preparlle unha empanadiña á abuela, que é a sua debilidade.

7 comentarios:

Sapoconcho dijo...

Pois en Foz facemos os chicharros (xurelos) lañados (sigo dicindo que fai falla un consello regulador do chicharro lañado e a denominación de orixe; jejeje). Deixoche o enlace para que vexas a receta: http://ourizosechicaros.blogspot.com/2006_06_01_archive.html
Un saúdo.

xmanoel dijo...

Poño aquí o link de Sapoconcho, para os amigos do pincho (de pinchar nos links)
Chicharro Lañado

xmanoel dijo...

Un poco de transculturalidad.

Ayer mismo me acerqué en Madrid a una taberna andaluza, y me tomé un plato que llamaban "Malagueños".

Los Malagueños, eran pequeñísimas sardinas, destripadas y sin raspa, hechas a la plancha. Por lo salados que estaban, me parece a mi que tambien habían estado en salmuera como las sardinas salpresas.

Mira por donde va a haber (y seguro que hay más) una conexión culinaria Galicia - Andalucía.

Merry dijo...

Aunque soy de Murcia, he leido tu receta de "sardiñas", la abuela las hacía como a mi me enseñaron unos pescadores de Altea, donde paso las vacaciones de verano.Las conservo en aceite de oliva y las sirvo bien en ensalada de ahumados o como si fueran anchoas. Todavía tengo 3 botes de 1 Kg. de las que preparé este verano...Están riquisimas, en Murcia nos las solemos comer con "fabes" habas tiernas. Hablo catalán,italiano y quiero hablar galego Adiós Ruth un abrazo

xmanoel dijo...

Bueno, con lo que comentas sobre Murcia parece demostrarse que sí que hay una relación culinaria clara entre el Atlántico y el Mediterraneo. Cosa que no me sorprende nada, porque marineros y pescadores son todos.

Moraiminha dijo...

É o meu xantar de hoxe: sardiñas lañadas. A verdade é que fai anos que non as como, pero o outro día agasalláronnos cunhas boas sardiñas que decidimos lañar.
Levan xa varios días no sal, así que as deixei a desalar pola mañán. Imos a tomalas con patacas cocidas con cebola (di a miña nai que ás sardiñas lles gusta moito), e con pementos (aínda caseiros) fritos.

cantodarea09 dijo...

Vou facelas hoxe, pois xa levan dous días no sal. O que pasa que a miña nai non as facía coma a abuela de Ruth. A ver como me saen. O que si me dixo a miña irmá, hoxe, é o da cebloa, que comentaba tamén alguén por aí.