Bueno, a receita do Yorkshire Pudding que Ruth deixou nun comentario merecía estar na portada, así que aquí esta con foto ilustrativa (ainda que estes puddings non son os de Ruth). Deixo liberdade a Ruth para que suba as súas propias fotos e borramos esta...
Yorkshire Pudding
3/4 taza fariña
sal a gusto
1 ovo pouco batido
1/4 taza de auga
1/2 taza de leite
30g graxa animal (lard) ou manteiga fundida
A cousa é simple. Tamízase a fariña e o sal; engádense os ovos e a auga Bátense os ingredentes ata convertilos nunha pasta. Quentar o leite e engadilo remexendo deixando a pasta fina, ca textura da masa das filloas. Engraxar os moldes estilo magdalenas (fonte metálica) con graxa ou manteiga. Prequentar o forno a 200º, verquir a masa nos moldes e introducila no forno 10-15 minutos ou ata que suba o pudding. Para os que non os coñezades, os yorkshire pudding quedan como pasteliños ou madalenas. Ás veces quédalles un buratiño afundido no medio. Son douradiños (dependendo de se os ovos son da casa ou non) e lixeiramente torrados por riba.
Bon apetite!
viernes, 3 de agosto de 2007
Yorkshire Pudding (Ruth Style)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario