Unha vez máis retornei de visita a Porto (estame a encantar a Cidade, cada vez que retorno topo algo novo que me chista, e nunca dou cansado). E dende hai 2 anos a miña visita a Porto inclúe unha obligación: probar Francesinha nun sitio diferente.
Desta vez se trata de algo especial: estiven no Restaurante A Regaleira, lugar onde se preparou a primeira Francesinha alá polos anos 50. De todas formas, ainda que fosen as primeiras e as orixinais, quero avisar ós francesinha lovers que son bastante decepcionantes: son máis pequenas do habitual (o pan de molde que usan é de superficie inusualmente pequena - en cambio está cortado cun ancho grandísimo), e o compango non é moi abondoso. (Case calqueira outro sitio de Porto no que teño comido ofrecían Francesinhas máis grandes e moito máis cheas: eu recomendaríavos mellor ir a tomar a francesinha do Café Santiago a apenas uns 300 m de distancia).
Pero.... para un francesinha aficionado... compre visitar o restaurante e probala canda menos unha vez. Ademáis, coma neste caso comín na barra puiden ver todo o proceso de preparación do petisco. Contrariamente ó que podía ter pensado, non se usa un forno para nada. Todo sea fai nun grill de doble plancha (como se fuese unha sandwichera xigante). [ Influencia Francesa clarísimamente: mentras que en España o que triunfa nas cafeterías é a plancha, en Francia o que hai son grills de doble cara: o que fai que croque monsieur veñan raiados]. O toque final (as cuatro láminas de queixo que pechan o conxunto) fundense tamén no grill (bastante rato, por certo).
Ah, nota final, se ben a francesinha non é das mellores de Porto, o mollo está entre os mellores. Canda menos é especial. Nótaselle que está feito de cocido de carne ou algo así. Ten moi bó sabor. (Tampoco pica demasiado).
Pero bueno, o resumo ven sendo que cobran 9.50€ por unha francesinha bastante cativa (e sen nada para acompañar).
Restaurante A Regaleira (mapa)
R. do Bonjardim 87,
4000 Santo Ildefonso,
Porto, Porto, Portugal
No hay comentarios:
Publicar un comentario