sábado, 26 de mayo de 2012

Ir a por curry e sair encantado

Curry Xaponés

Fai unhas semanas dinme conta que levaba moito tempo sen ir a Oh!Sushi, e xa estaba facendo plans, pero onte de repente acelerouse todo: onte era día de curry en Oh!Sushi. Todos os últimos venres de cada més, ó xantar hai un especial de curry xaponés (o curry xaponés é un plato ben curioso, que introduciron os ingleses en Xapón hai 100 anos e que os xaponeses, coma xa fixeran con outras cousas coma o tempura adaptaron e fan dun xeito moi peculiar). Vale, pero coma digo arriba: só ó xantar. Eu achegueime á cena, e xa non había curry. O proximo mes teño que facer o que sexa posible para estar ó mediodía en Oh!Sushi e probar ese curry (Por certo, non sei porque fago publicidade de esto, porque según comenta Andrés hai xa un grupo de apaixoados polo curry que o acaban todo, así que o que menos me interesa é que vaia máis xente a tomar o curry: que ningún dos que lea esto me vaia deixar sen curry o mes que ven, mecachisnodemo!).

Namban

Bueno, pero se ben quedei sen probar o curry, tiven ocasión de probar un par de platos diferentes do menú, que tamén tiña curiosidade de probar:  Por un lado tomei sake namban (salmón en escabeche). Gosto moito dos escabeches, e neste caso, coma os xaponeses usan un vinagre diferente (de arroz) ten un sabor distinto, moito máis suave. Ah, e mirando en Internet un pouco de info descubro que os platos 'namban' indican que son da época (século XVI) no que os xaponeses tiñan comercio con españoles e portugueses, así que ... ¡seguramente foron estes os que lles explicaron coma escabechar! Que curioso, que de voltas da o mundo.

sake namban - salmón escabechado

Tempura

E logo tamén tiven ocasión de probar o tempura de peixe... si, porque probablemente a única ocasión que poidamos probar un tempura de verdade é en Oh!Sushi, de feito sirvencho cunha salsa de soia lixeira e 'cebollino': cando probei a salsa e o tempura, lembroume hai 10 anos, cando vistei Xapón. Exactamente igual, autentiquísimo. (Por desgracia, e aquí voume enfadar un mundo, fixose unha desfeita ca tempura, hai mil restuarantes que poñen na carta tempura e fan un rebozado de merda. A ver, imos quedar claro, a tempura non é amarela! Nen se fai con fariña, nen está graxa. Vamos, que deixen de chamar tempura a esas cousas. Quen teña curiosidade de saber coma é a tempura de verdade, que pase por Oh!Sushi. E non vou seguir dandolle voltas ó tema, porque realmente indigname moito cando se desprestixia ou se fan versións noxentas de un plato).

Sushi Saito

E non todo foi comida, coma estaba na barra puden falar con Andres, que é sempre un encanto para falar, e sempre ten cousas moi interesantes que contar. De feito contounos cousas da súa viaxe a Tokio en xaneiro... Unha das historias que máis quixemos que nos contase foi a súa visita a Sushi Saito, o mellor restaurante de sushi do mundo, que é un pouco como o anti restaurante: pequenísimo, con só 7 sillas (evidentemente non é un lugar para citas, xa que o número é impar), no que apenas podes sentar e comer.... E claro, tan pequeno, e ban bó, é casi imposible conseguir reserva... Andrés tivo sorte e logo de pedir moito por favor, tiveron a sorte de asistir, e así nos poder saber coma é, ata fixeron un video:

Leer post sobre Sushi Saito en Kodo.es

Unago e Unagi (anguía)

E tamén foi ocasión de que Andrés nos explicara o tema das anguilas e a cociña xaponesa. En Xapón prefiren con diferencia a anguía de auga salgada (unago) á anguía de río (unagi). O animal é o mesmo, pero claro, en diferentes etapas da súa vida, e o animal, o seu músculo e o seu sabor cambian bastante. De feito tiven ocasión en comparar o sabor da unagi (a que normalmente topamos nos platos dos restaurantes - e esa anguía que se sirve coma caramelizada con sabor doce) e o unago. E se ben non sei claro cal preferir sí podo dicir unha cousa: saben coma se fosen peces distintos. Se aun lle din que son o mesmo peixe, non o cree.
nigiri de unagi

Os bigotes de gamba e a ensalada de atún

Ah, e tamén foi momento de lembrar os famosos 'bigotes de gamba' da lexendaria ensalada de atún de Andrés (un dos seus platos máis populares). Eu non principio nun principio pensamos que eran bigotes de gamba, pero que va, están feitos de pemento (por eso son picantes).

eses fíos vermellos non eran bigotes de gamba se non fios de pemento
Pois nada, coma sempre é unha delicia achegarse por Oh!Sushi (cando alguén ponlle tanto cariño e coidado ás cousas coma fai Andrés, o resultado é excelente)
kodo.es
oh sushi (vigo)

No hay comentarios: