viernes, 11 de abril de 2014

33 tacos dunha tacada



  • Se contades veredes que non hai 33 tacos. Pero confio en que algún día os haberá. Era por definir un número determinado.
  • A idea é tan só ir agrupando fotos de tacos e enlaces do sitio, non tanto para axudar ós que anden por México, se non máis ben como ilustración e documentación de que é un Taco
  • Así un pouco vendo as imaxes podedes facervos unha idea canto se parecen ou canto se diferencian
  • Non vos decepcionedes pola calidade de algunhas fotos. Tentei facer as mellores fotos posibles, pero moitas veces, entre que é noite, e que non hai moito acougo, non quedan moi ben. Saltade se tal as primeiras fotos e ide mirando cara o final, onde vai mellorando o choio
  • Recomendo comenzar a ler coma fan os fuboleros cos periodicos: de atrás a diante. Os do final son as entradas máis recentes de tacos



Antes de nada falo un pouquiño do concepto do taco. Nen son mexicano, nen vivín moio tempo alá, nen son erudito en tacos. Así que non me esixades moito.

O taco normalmente é considerado un plato, pero eu atreveríame a calificalo máis coma unha presentación ca un plato en si. Hai mil maneiras de preparar os tacos, e serven para todo. Nen sequeira hai un tamaño específico, poden ser cativos ou poden ser grandes. 

Tratase dun plato tradicional mexicano, pero non vaiades a pensar que estaban tomando tacos cando chegou Hernan Cortes. De sempre se fixeron tortillas, e de sempre se comeu con elas, pero o concepto moderno do taco seica orixínase no século XIX coma unha maneira cómoda de xantar cando non se estaba na casa. 

Tacos Dorados de Pollo

En Fonda Trotamundo, Colonia Nápoles. Non sei o precio, porque viñan nun menú, que saiu todo por uns 60 pesos.
Imos comezar polos tacos máis diferentes que leven o nome de tacos. Os tacos dorados coma vedes son tortillas de millo (non teño visto outra versión) fritas en aceite ata que quedan crocantes con carne dentro. Servense normalmente parecido a aquí, con queixo e crema por riba. 

Tacos Norteños

En Carnes Regias, que agora xa non fai tacos, e só carnicería. Uns 30 pesos os dous tacos.
Non teño estado no norte de méxico, así que non sei coma son os tacos alá polo norte. Esto o tomei nunha carnicería duns norteños e así o chamaban. Un par de cousas que diferencian estes tacos dos outros que aparecerán na lista: A carne está feita "al carbón", ou sexa á brasa (habitualmente no resto de México faise a carne nun comal - que é coma unha plancha). Por outro lado, as tortillas son "tortillas de harina" (tortillas de trigo). Na disquisición entre que é mellor se a tortilla de trigo ou a de millo... non sei. En Carnes Regias facían bastante ben os tacos: fixadevos que as tortillas veñen ocas, iso fai que estén lixeiriñas e ben cocidas. 


Tacos Campechanos 

En Tortas Don Beto. Saen a 30 pesos os 3 tacos. 

Istes tacos son campechanos coma o rei Juan Carlos! Que son os tacos campechanos? Son os que levan varios ingredientes (carnicos) en vez dun só. Bueno, normalmente o que levan engadido é chorizo ou coma neste caso, chicharróns (en México chaman chicharróns ás cortezas de porco). 
Neste caso en Tortas don Beto danlle unha presentación curiosa, poñen as 3 tortillas no fondo, e poñen enriba o contido. E logo vaste apañando ti para facer os tacos (son moi xenerosos, hai máis carne da que entra nos tacos). 

Neste sitio preguntanche se queres cebola e cilantro nos tacos (eu sempre respondo que sí). Hai varias maneiras de actuar dependendo das taquerías: unhas preguntan se queres cebola e cilantro, pero a maioría non poñen nada, e tes ti a cebola e cilantro da túa man e as engades se che apetece. Eu sempre lle poño cebola e cilantro, pero hai xente que non lle debe gustar.



Taco de Pescado

En la camioneta Crazy Fish. 30 pesos (un sólo taco)

Xa anticipo que ides a ver varias versións do Taco de Pescado, e todas elas son moi diferentes. Seica iste taco é un invento californiano, tal vez por eso é tan diferente ós platos mexicanos. Neste caso, este ven sendo un taco estilo "Baja" (de Baja California). Esta feito con peixe rebozado, e ensalada.
Non sei se vos déchedes conta, pero os tacos que hai antes non levan ensalada (e os que hai despois tampouco levan ensalada). Isto é un invento americano. Nota: se vos poñen ensalada no voso taco, estanvos metendo algo texmex ou galimex. A estes podemosllos perdoar, porque en teoría fan cociña Baja. Iso sí, pareceronme caros, e o de que fose peixe rebozado decepcionoume moito.

Comenzan os pesos pesados:


Tacos de bistec 

En El Gallito. Sobre 30 pesos os dous tacos, pero ... son moi grandes.

Hai unha cousa que non sei se se pode ver nas fotos, pero hai moita variabilidade no tamaño dos tacos. Hai tacos cativos, dos que podes tomar 4 e apenas mataches a fame, e hai tacos grandes, contundentes. Os tacos de El Gallito son grandes, coma vedes enchen o contenedor de poliespan enteiro. E ademáis teñen moita, moita carne. Así que son caros, pero son grandes. Non é habitual que sexan tan grandes.

Esta é unha taquería grande, cómoda con moitas mesas. É unha taquería para ir co coche. Funciona cun horario especial: de 7 a 7. E non as que estades a pensar. É por tanto un lugar típico de xente que traballa a horas extrañas, xente que vai de festa, xente que volta de festa.

Os tacos de bistec son o tipo máis sinxelo e facil de entender que hai, tratase dun bisté que cortan no momento e fancho á plancha. Vai no taco, engades salsa, encurtidos (coma neste caso), poslle limón e a comer.


Tacos Pastor

En La Chinampa.  Como uns 12 pesos cada un, e 3 días á semana: 2x1 de tacos pastor

Os tacos pastor son o equivalente mexicano do kebab. Bueno, teñen unha certa relación, ainda que teñen as súas diferencias. Segundo contan, a tradición foi que os inmigrantes árabes que chegaron a México polos anos 30 trouxeron con eles o shawarma, que en Puebla evolucionou ó taco árabe (que sairá aquí nestas fotos). Os mexicanos vendo coma funcionaba o choio do shawarma fixeron algo parecido. Iso sí, usaron carne de porco, cousa que ós árabes non lles chistaría nada.
Os tacos pastor son carne de porco bastante adobada, feita nun asador vertical xiratorio coma o dos kebabs. Servese nunha tortilla e engadeselle un cachiño de piña (en algún sitio cutre non che traen esta piña, o cal é unha pena). Coma é habitual en case todos os tacos, engadeslle ti se queres, cebola e cilantro. E por suposto salsa.


Tacos de Lengua, de Cabeza (Maciza) y Tacos Pastor

En Tacos Alvaro Obregon. Baratísimo, enter 8 e 12 pesos cada taco, dependendo do tipo.

Para o taco aproveitase todo. De feio coma os tacos venlles mellor que a carne esté ben picada, os tacos é un sistema perfecto para usar carnes que non teñen moito aproveitamento porque hai moito oso. Por exemplo os tacos de cabeza. Neste caso, cando en México falan de tacos de cabeza, refirense a cabeza de res. Segundo me dixeron, faise a cabeza cocida (ou ó vapor) e bueno, logo vaiselle sacando a carne por partes. No restaurante especifícanche que parte queres: trompa, maciza, oreja, ojo. Non necesito explicar moito. Bueno, a maciza é coma lle din a todas á carne magra. Así que neste caso será a carne de cabeza que é magra. E as outras xa terán máis graxa ou tecidos conxuntivos. (Eu non me animei moito a pedir os tacos de cabeza. Unha vez o fixen e non me chistou demasiado).
Ou por contra, aproveitase para os tacos algo que é todo carne: a lingua. Os tacos de cabeza e de lingua non os teñen en todas as taquerías, pero son moi populares. Estarán no top 5.


Tacos de "Carnitas de Pescado"

En Fisher's. 86 pesos os 3.
Coma xa expliquei antes, nos tacos de pescado hai moita imaxinación. Se comparades estes co que había enriba, pois non teñen demasiado parecido. Estes parecen máis tacos ca o outro. Ainda que son unha cousa un pouco extraña. E ben cara, coma podedes comparar, o prezo de estes 3 tacos da para 9 en Tacos Alvaro Obregon, por exemplo. Unha das cousa que quero que vos fagades a idea con esta lista é a grande variabilidade de prezos que hai nos tacos en México. E non sempre esta diferencia de prezos indica diferencia en calidade.


Taco de Longaniza, Maciza e Cabeza

En El Borrego Viudo. Barato, menos de 10 pesos cada taco. 
Se El Gallito tiña un horario para noctámbulos, El Borrego Viudo, ainda máis: traballa 24 horas. Ten aparcamento para os clientes, e traeche a comida ó coche. 
Aquí hai outro tipo de taco bastante habitual en México: o de longaniza. A longaniza é un tipo de chourizo fresco que fan en México, máis ben tirando a salchicha ou chistorra. De feito coido que é un dos tipos de taco máis fáciles de emular en España: compras unhas chistorras,abrelas e falas á plancha, xa tes algo parecido.
Estes de enriba son tacos de cabeza. Coma vos dixera non tiña moitas ganas do taco de cabeza, porque me daba un pouco noxo. Pero bueno, nesta ocasión pedín para probar. Non me gustou demasiado. Máis que nada porque (vese se mirades con coidado nas fotos) deixan osos e cartilago no medio da carne. E moi incómodo de comer, estas todo o rato topando cousas duras no medio.

Ah, nesta foto podedes comprobar algo que non é maioritario nas taquerias, pero que pasa en moitas: sirvenche os tacos en dúas tortillas. De esta maneira hai menos risco que rompa a tortilla e sexa dificil de comer. Ademáis de ter dúas tortillas os taco aquí non son moi grandes. Coma vedes, tomei 6 tacos e non empachei moito.


Tacos de Carnitas y Barbacoa

En Tacos de Jorge y Lupita, Mercado del Valle. 12 pesos.

Coidado, que estes tacos non son exactamente o que un español pensaría. En España e en moitos outros paises barbacóa refirese a preparar a carne á brasa.  En México, a barbacoa é unha cousa diferente. Cociñar á barbacoa quere decir que se fai un burano no chan, enchese con pedras quentadas o lume durante moito tempo. A carne envolvese con follas de planta (maguey), e ponse enriba de esas pedras. Deixase así cociñar. A carne non entra en contacto cas pedras e o lume. Vaise facendo pouco a pouco no seu xugo, e queda coma se fose feita ó vapor. Ainda que se poden facer con calqueira tipo de carne, a máis popular é a de cordeiro ou cabrito.

En resumo, os tacos de barbacoa non son carne á brasa (iso en México son os tacos "al carbón"). É unha carne cocida, pero non coma cocida na auga, se non seca e ainda con todo o sabor.

Esta taquería na que comín, ten apariencia moi discreta. É apenas un local pintado de laranxa con mesas de xardín, un par de mostradores onde están preparando os tacos. Por non ter, nen ten un cartel co nome. Coñecese polo nome dos seus fundadores: Jorge y Lupita. Pero é un sitio ben bó, e este e o taco seguinte son dos máis xeitosos que teña tomado en México. Podedes ler máis do sitio aquí neste enlace:
Teñen, como algo típico da casa a súa salsa: é salsa verde, e na salsa xa vai a cebola e o cilantro. Non fai falla engadilos. (Tamén, se non gostas do cilantro, vas fastidiado). Moi bóa a salsa, moi boas as tortillas, e excelente a carne. É a primeira vez que tomo barbacoa e non podo comparar, pero gustoume moito a barbacoa, e entendo porque os mexicanos teñen unha paixón especial por ela. Ademáis, coma dixen enriba, coma non é algo necesariamente fácil de preparar (necesitas un sitio onde facer o do burato e sobre todo necesitas un día enteiro para quentar nas pedras), é algo especial.



Se os outros eran bós, estes tacos de carnitas son tan bós, ou millores. De feito esta taquería é moi famosa pola súas carnitas. Moita xente en España coñece toda a mitoloxía que hai detrás da cochinita pibil. Parecida mitoloxía teñen as carnitas (xa falei de isto aquí en Laconada, pero é un tema que me interesa). Se me diciedes que escolla entre carnitas e cochinita pibil... estadesme dicindo que escolla entre papá ou mamá. Pero case diría que prefiro unhas bóas carnitas.

O choio é que a cochinita pibil (coma leva o adobo) sabe parecido case en todos os lados. Vamos, coma pasa ca zorza, sabe máis ó pementón ca a carne. As carnitas en cambio, sonche unha cousa fastidiosa. Hai varias escolas sobre coma facelas. Nuns sitios achichárrano moito, en outros vai con moito unto. Neste caso, coma podedes ver na foto, e ainda que nunca as tomásedes, coma bos galegos que sodes sabedes coma é o punto de cocción do porco... coma podedes ver estan non demasiada feitas.  E vouvos dicir, que así é case coma mellor saben.

(Nota mental: teño que voltar a tomar estas carnitas)
(Nota ós lectores: cando regresei a Mexico DF ... voltei, e estaban tan bós coma o mes anterior)

Tacos de Barbacoa (sen salsa)

Tacos de Carnitas (Sen Salsa)


Tacos de Guisado

En Tacos Gus, Condesa. 3 tacos, 50 pesos.

Xa tardaban en aparecer os tacos de guisado. ¿Que son os tacos de Guisado? En xeral o resto de tipo de tacos son de algún tipo de carne feita no momento diante túa, e logo opcionalmente podes engadir cebola ou cilantro crus, e obligatoriamente algún tipo de salsa. Neste caso, no puesto hai unhas olas (de barro) que están continuamente ó lume, e consiste en comer unha raciónciña dun dos guisos nunha tortilla.

Mentras que os tacos de carne son minimalistas no número de ingredientes, os tacos de guisado son complexos. Defeito, o guiso xa ven aliñado, así que as veces non faría falta botarlle salsa. Pero un mexicano, bota salsa a todo.

Tacos de chicharron guisado con arroz

Taco de longaniza con guacamole

Taco de chile relleno
con queso
Este tacos son dun sitio chamado Tacos Gus. É unha taquería bastante elegante, poderíase dicir que ata "pija", pero coma podedes ver mantén a tradición dunha taquería de rúa: platos cunha bolsa de plástico.
Pero o importante non é iso, se non a calidade dos seus guisos. Todos os guisos están feitos con productos "orgánicos". Non sei se será certo, pero o certo é que estan moi bós. Ademáis son tan simpáticos que non me cobraron a bebida. Moi, moi recomendables. Os tacos de guisado levan acompañamento, neste caso vedes: arroz, guacamole e queixo. Había ainda máis acompañamentnos posibles, pero eu só podía probar 3. E o número de guisos era abrumador: máis de 10 tipos de guiso.

Tacos de Barbacoa Guerrerenses y Consomé

En Barbacoa Los Gizado, Taxco. 90 pesos x 3 tacos (con bebida y consomé)

Ya habían salido los tacos de barbacoa en la lista, pero repetimos porque en este caso son un poco diferentes. Ya salta a la vista que esta carne está mucho más oscura, esta es barbacoa de chivo (cabra).  Pero no sólo eso, en Guerrero tienen un pequeño detalle especial: la panza de chivo. Toman el estómado del chivo y lo rellenan con carne y visceras picadas de chivo. Luego hacen la barbacoa (en un hueco en el suelo, durante muchas horas, rodeado de hojas de maguey) con pierna de chivo. La panza una vez hecha en la barbacoa tiene aspecto de un embutido grande, de forma esférica. A la hora de pedir los tacos te preguntan si quieres panza, pierna o combinado. Estas son combinadas, hay pierna (la carne deshebrada) y panza (los medallones gordos).  En este restaurante los sirven con un poco de salsa picante y un jalapeño.

Además la tradición es acompañar estos tacos con un cuenco de consomé de barbacoa, que lleva veduras y carne del chivo.

Taco de Canasta o Sudado

Puesto en la calle Magdalena, en frente del Café Amano (sólo por las mañanas)  2 tacos, 10 pesos (0,5 €)

Un clásico do almorzo mexicano (o que petiscan os mexicanos entre as 9:00 e as 12:00 da mañá): os tacos de canasta ou sudados. Os dous nomes teñen a súa razón: "de canasta" porque se venden en cestas, envoltos en plastico e telas para que manteñan o calor. "sudados" porque os tacos teñen a tortilla con graxa, coma se estivesen suados.
Estas dúas cousas son importantes. Os tacos sudados son diferentes dos outros tacos en que se preparan a noite ou mañá anterior (normalmente cun recheo de guisado: chicharrón, frijoles,...), e gardanse nunhas cestas envoltos de plastico así quentiños, e logo engadeslle unha salsa con aceite e cebola. O taco vai asbsorvendo parte da salsa así que por iso queda suado por fora.

Un taco típico do DF que non ides ter moita ocasión de tomalo en restaurantes. Normalmente os tacos de canasta vendense na rúa e pola mañá. Así que se andades por Mexico e vedes a alguén vendendo tacos cunha cesta grande, xa sabedes.



Tacos Acorazados

Tacos Mary (Cuernavaca). 1 taco, 25 pesos (1,4€)
Estes son os tacos acorazados (vaia nome). Son típicos de Cuernavaca. Son uns tacos enormes coma podedes ver (eu só fun capaz de tomar 1 de almorzo, non puiden darlle a outro, e iso que tiña ganas, porque o primeiro estivera moi bó). É un taco da familia dos tacos de guisado, pero neste caso con moito moito arroz.  Arroz acompañado con carnitas. Neste caso as carnitas estaba desfiadas (moi, moi parecido ós rixóns en moitas partes de galicia). Moi ricas todas.

Coma se toma isto... pois coma podedes imaxinar, non hai maneirra de tomalo coma un taco, dun bocado. Hai que meterlle culler ou tenedor e ir tomando o de enriba. Non sei, é moi desconcertante: o taco está feito para poder ser comido ca man, e este hai qu e comelo nunha mesa.

E para facer as cousas ainda máis extrañas, ven sendo a primeira vez que en México non me teñen posto salsa para compañar os tacos:

A opción eran as clásicas rajas con cebola, zenoura e escabeche. E neste caso tamén parecía ser típico do sitio unha alternativa orixinal: pataca cocida con rajas de xalapeño. Moi ricas, pero... aquelo ardía meu. Ademáis non daba entendido moi ben coma mezclar a pataca co arroz e carnitas. Pero fixeno e dinlle para adiante.


Tacos Acorazados

Puesto callejereo Doña Tere. 2 tacos + refresco: 75 pesos (4.5€)

Curiosamente, tamén tomei unha versión no posto da rúa, e xa eran máis parecidos os tacos que se fan en moitos outros sitios (excepto que non falta nunca o arroz). Coma vedes son moito máis pequenos e podense tomar (abrindo ben a boca) a bocados. 

Neste caso un de eles é de torta de carne (carne desfiada rebozada con ovo e supoño que algún tipo de fariña). Ese leva rajas. O que leva salsa xa é de algo que tamén teño visto no DF: chile recheo de queixo, capeado (rebozado)

Tacos Baja (de novo!)

Nun posto na rúa,  Baja Fish Tacos, 15 pesos (80 centimos de €uro!)

Bueno, coma xa comentei de maneira máis extensa no seu propio post (que deberíades ler), eu malinterpretei que esto dos tacos de pescado fritos era unha cousa dos gringos... Pero non, foi algo que se inventou na cidade de Ensenada, na Baixa California Mexicana.

Hai 2 clásicos nos tacos de peixe frito: os de peixe (normalmente de carne de tiburón, bueno, non dun de estes que papan persoas se non destes cativos que viven polo fondo) e os de camarón. Os mexicanos morren polos de camarón, pero eu, da mesma maneira que non aprecio os fritos, non gusto dos cus de crustaceos (gambas, camarón, langostino ou coma o queirades chamar).


No hay comentarios: