Todos tedes xa unha idea de que lles gustas ós mexicanos: tacos, salsas, frijoles, queixo por riba de todo.... Bueno, ou iso é o que todo o mundo espera (e que ve nos restaurantes mexicanos en Europa).
Bueno imos a romper un pouco con esa imaxe poñendo exemplos de cousas que son practicamente ineludibles na comida mexicana, e que por contra, raramente pensariades que teñen demasiado que ver con México.
Xelatina
Vale, non vos parecera gran cousa. Ata en España hai xelatina. Pero ... ¿venden en España xelatinas na rúa? ¿En todas as festas familiares aparece un plato de xelatina? ¿Hai xelatinas de 12 sabores diferentes? ¿Fan xelatina con iogur? ¿Iogur con cachos de xelatina dentro?
Non sei cando comenzou esta paixon mexicana pola xelatina, pero supoño que será posterior ó exito da xelatina en pó nos USA (Jell-O é a marca máis popular en México). O certo é que hoxendía os mexicanos toman moita xelatina, e de maneiras moi imaxinativas (combinando cores, metendolle cousas dentro, combinandoas con lacteos...).
Aquí unha xelatina (moi estética) que tomei o outro día nunha festa:
Crema
A crema (nata) mexicana máis popular non é para nada coma poidades imaxinar en España. Ahí en España o que triunfou son as natas líquidas pasteurizadas. Non vos hei dicir nada, porque xa sabedes coma son e coma saben: son líquidas e bastante doces.
En México a crema non é para nada iso. Aquí o que adoitan a usar, e unha pasta bastante pastosa, de sabor ácido. En realidade non é que os mexicanos sexan tan extraños, se non que os españois (e os franceses e os de algúns outros lugares) pasamos a usar unha nata industrial e un tanto diferente.
Antigamente a nata fermentaba moi fácilmente, e o certo é que adoitaba a ter este sabor ácido. Ademáis o feito que leve bacterias facíaa máis nutritiva (estaba a medio camiño dun iogur e un queixo). En México manteñen esa tradición da nata fermentada, e é o sabor que ocupan.
(De feito cando vexades unha receita mexicana na que piden poñer crema ou nata, aconsellovos que non usedes nata da de España, se non pilledes un iogur natural grego ou algo así, é máis semellante ó que se espera)
Canela
Disque Colón chegou a América buscando as especias de oriente. Non as topou. Pero curiosamente co paso dos séculos, unha de esas especies: a canela, convertiuse nun sabor ineludible de México.
A canela non é mexicana, pero supoño que a traverso do galeón de Manila comenzou a chegar a México, e vese que os mexicanos estusiasmáronse polo sabor. Non me extraña nada o que comenta nese tweet (os mexicanos son 150 millons de habitantes e toman canela en case todo):
Sen ir máis lonxe a tradición mexicana de tomar o chocolate quente vai con canela (de feito é bastante díficil comprar chocolate que non leve xa canela): ainda que topes en Internet receitas que non falan da canela, digocho eu: poñenelle canela case sempre. Que non che gusta o chocolate: O café de olla (a maneira tradicional de tomalo aquí) tamén leva canela.
Máis usos: ponse no mole (e en todos os seus parentes, o adobo e o pipian). Outro uso moi sorprendente é que se lle espolvorea por riba dos pulques curados:
Salsa Inglesa
A salsa inglesa é a Worceistershire, e coma o seu nome di, inventaronna en inglaterra, e ten algo de popularidade por ahí: en England e nos USA, ten un certo uso para poñerlle á carne. (En España pois non lle damos moito uso).
Pero por algunha curiosa coincidencia, en México ten un éxito abrumador. Non sei moi ben coma chegou alá, pero os mexicanos decidiron que aquelo estaba bó, pero sobre todo decidiron que aquelo non se lle ía poñer á carne.
De feito o uso principal da salsa inglesa en México é:
Para poñerlle ás pizzas
Para mezclar cas cervexas, no que eles chaman "a la cubana".
En ambos casos, na pizza ou na cervexa, pois vai acompañada do jugo Maggi. Que tamén é unha cousa super popular alá, e que sego sen entender moi ben coma cheou a ser tan popular en México (vale, que é parte dunha multinacional, pero ainda así...)
En Mex todas las pizzerias tienen, salsa picante (vale), salsa inglesa (?), jugo maggi (?) pic.twitter.com/iqlzQvkrG7
E a terceira e última cousa que vos podería sorprender. ¿Que lembranzas tedes do Licor 43? ¿De cando de rapaces algúns tomaban Licor 43 con Cacaolat? ¿ Ou Licor 43 con piña? Bueno, pois sí, alá en España o Licor 43 é unha bebida nada apreciada. É considerado un licor doce que toma a xente de xove, e pouco máis.
Pois curiosamente en México é considerado unha bebida moi sofisticada e elegante. Unha vez máis non sei como (supoño que será cousa do distribuidor do licor) contaronlle ós mexicanos que o carajillo facíase con Licor 43 (cousa inaudita, porque en España non se lle pon ó café). Bueno pois aquí convertiuse nun exito. Nos lugares fashion da cidade a xente acostumbra a tomar este carajillo. E así, o licor que en España só topas cheo de pó nos bares vellos, aquí luce luminoso nas estanterías dos restaurantes e cantinas máis in.
No hay comentarios:
Publicar un comentario