lunes, 29 de enero de 2018

Pista: ¿Francesinha en Viana do Castelo? ¿Tasquinha da Praça?


A ver, fai falla ir a Porto a tomar unha Francesinha. Porque Porto é a orixe da Francesinha. E de ir ahí, a nosa recomendación é e será sempre o Santiago, e máis ainda xa que pechou A Regaleira – que non era tan gran cousa BTW.

Pero se xa fuches a Porto, pois non fai falla ir tan lonxe. Podes ir a Viana do Castelo, que está apenas a media hora da fronteira (ca autovía gratis: hai que ir por Vilanova da Cerveira, non pola A3). E ten bastante que ver, ten o santuario no alto, a parte vella bastante ben coidada, e a Foz (onde desemboca o río Limia).

E ahí mesmo na Foz, nuns edificios modernos que están ó lado do Centro da Cultura e do barco museo, está A Tasquinha da Praça. A ver, non está na parte vella co que perde un pouco do encanto, pero comese moi ben e ten sitio para aparcar gratuito ó lado así que é bóa idea deixar o coche ó lado e logo ir comer e tal.


Que non vos engane o tamaño da Tasquinha e que é moderna. No sitio cómese moi ben. E teñen moi bóa variedade de cervexas, se gostades de elo.

Coma decía o título, se tedes ganas de Francesinha a Tasquinha é moi recomendable.

E se non tedes ganas de Francesinha, tamén: teñen un bacalhau em broa tremendo, un polbo grellado moi bó, un arroz de tamboril rico. E uns postres moi gorentosos.

Prezo, pois a redor de €20, ainda que se ides en grupo e compartides as "meias doses" (moi abundantes) poderíades abaratar o choio. Non é dos máis baratos, pero todo é moi bó.

Praça da Liberdade
4900 Viana do Castelo
Portugal


No hay comentarios: