jueves, 12 de julio de 2018

Pexegos de onde remata Persia

En Pakistan estan entusiasmados cos seus mangos (apartade os vosos malos pensamentos): o froito de Mangifera indica. Cando daba con alguén novo, logo de falar de varias cousas sempre saía na conversa... have you tried mangos? they are really great, aren't they? Pakistan has the best mangos of the world... E a verdade é certo, eran ben bós.

Pero esta conversa vai de outra cousa moi xeitosa que tiñan alá en Pakistán, e que son os pexegos. Alá estaban tomando e vendendo pexegos por todos os lados. E eu pensei ... é normal... o pexego é Prunus persica, e Pakistan esta onde remataba a antiga Persia. Canda menos a Persia da época de Alexandre Magno, que andivo por alá (polo val do Indo).


Pero antes de que sigamos... o certo é que por moito Prunus Persica que se chame, en realidade non ven de Persia, se non que o pexego é orixinario de China. Pero mira, incluso en eso, Pakistan está no lugar correcto, porque un pouco máis enriba comeza China.

¿E coma están os pexegos en Pakistan?

Eu era dos pexegos estes un chisco ácedos, un tanto brandiños, de estes que le metes o dente e soltan zume... e que sempre lles queda febra pegada ó carozo.

O curioso é que alá por Pakistán os pexegos son un tanto diferente. Primeiro, coma vedes, estan separados da carabuña, o que os fai cómodos para cortar. O segundo que son extrañamente firmes e de carne tirando a seca.

Vaia, xusto case o oposto de coma me gustaban a min. Pero ... un é de aceptar novas propostas: co tempo cheguei a aprecialos moito. De sabor teñen ainda un sabor máis marcado ca os nosos, e o que estiveran duretes (ainda que maduros, é unha cousa curiosa) tamén tiña o seu xeito.

Así que os pexegos Pakistanies tamén estan moi ben.

Ah, xa para non deixalo atrás, ¿coma son os mangos Pakistanies?



Coma vedes son dos mangos marelos ... e non tan grandes. E ainda que vexades que esta un chisco verde ... curiosamente estan maduros. Son mangos moi suaviños que xa están blandiños e doces sen ter que madurar máis. Tamén estan de campeonato. Eu tomaba un zume de mango (en realidade máis ben un batido) todos os días. 

No hay comentarios: