Pero o tipo ou non me entendeu ou non me quixo entender e trouxo o menú para que mirara nos postres. Había 2 cousas... gulab jaman e kheer. Desde que temos internet nos móviles todo é máis sinxelo. Busquei en Internet estes nomes para ver que eran, e non pedir ó chou.
O gulab jaman o recoñecín rápido. Son unhas bolas de masa en almibar. Todo moi contundente e empachante. Ademáis xa os coñeo e non me gustan gran cousa. O almibar ainda ten alguns sabores xeitosos, pero a bola é todo graxa e azucre. Vamos, e menos estando empachado.
O kheer segundo parecía nas fotos parecía arroz con leite... e sí... parecía algún tipo de arroz con leite.
¡E acertei! Se ben o arroz con leite pode chegar a ser moi empalagoso, este que fan aquí é curioso. Parece máis ben unha crema. Notaselle que ten arroz e leite, pero esta suaviño. Tamen se lle nota sabor de varias especias (curiosamente nada de canela). Ademáis viña moi frío, co que casi era un xeado. Moi bó. Gustoume o choio.
Enton caín na conta ... eu xa tomaara kheer antes ... ainda que era un chisco diferente. No avión puxername isto:
Si, iso que se ve por dentro tiña todo o aspecto e sabía a fideos (a ver tampouco é que a pasta teña tanto sabor, pero sí tiña a textura e medio non sabía coma a pasta). Cando o probei pensei... ¡vaia invento! Un postre feito con fideos. Nunca pensaría en elo.
Pois para nada é un invento extraño. Resulta que por estes rumbos é moi popular o kheer feito con fideos (chámase seviyan kheer). E coma veredes no seguinte video son fideos normales ... dos de facer sopa.
Apuntoa receita e xa probarei algún día en Galicia a facer este postre con fideos. A ver que tal queda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario