Mirei as imaxes de enriba e había: batidos de frutas a 100 rupias, unha hamburguesa a 150, algo que parecía un bocadillo a 80 e arroz con polo a 150 tamén. Escollín o bocadillo, non porque fose o máis barato, se non porque as outras cousas non me parecían tan exóticas.
Cando llo pedín ó rapaz dixome "اندی شامی burger" e eu dixelle que non, que non quería o burguer que quería a outra cousa. E tivo que sair a ver que foto era a do que quería. E algo me intentou dicir pero non nos entendemos.
E aquí chegou o bocadillo cuberto de graxa de primeira:
O choi era un bocadillo alongado nun pan como de hotdog, pero mí longo.
E dentro tiña 3 capas. Enriba algo que era coma unha tortilla francesa con especias, no medio leituga, cebola e algunha cousa máis e abaixo, algo esmagado que tamén sabía a especias.
Logo mirando en Internet descubrín que o que tomara é un Anda Shami Burger. Por iso o rapaz dixera burger. Ainda que o pan non é redondo e non se parece nada a unha hamburguesa.
Bueno, ainda que algún pense que esto non deixa de ser un bocadillo de tortilla francesa, a verdade é que polas especies e sobre todo polo Shami que leva no fondo (con carne e lentellas) dalle un sabor ben curioso. Habería que falar cos pakis que levan o dos kebabs en Galicia a ver se incluen algo desto na carta (¿ou se cadra xa o teñen e nunca reparei en elo?).
Se alguén te ganas a receita é sinxela:
O que fai especial o plato é a combinación de todas as especias e o chutney.
No hay comentarios:
Publicar un comentario