sábado, 30 de junio de 2018

Masala a tutiplén (Nimbu Pani)

Vos xa me coñecedes ... eu e ir pola rúa de calqueira país e ver algo de comer ou beber, e xa teño a curiosidade. Así que alá vou eu e de repente vexo esto:


A cousa parece sinxela, incluso non entendendo o idioma. Un refresco con limas ou limóns (dependendo da parte do mundo e da linguaxe - en Pakistan esto son lemons):


(E se observades non son as limas dos mojitos, as caipiriñas e as que usan os mexicanos, son outra variedade que nen é verde, nen e amarela, nen é redonda nen é tan ovalada, e é un chisquiño picuda)

Bueno, pois comenzan a preparar a bebida e ahí levo unha sorpresa:

  • Xeo
  • Zume destes limóns exprimido
  • Un pouco de xarope de zucre (para endulzar sen que haxa que remexer) 
  • O contido dun destes refrescos (ainda que na foto vedes 7Up a min deronme de outra marca que tiña no lado) 
E....

  • Un pó entre gris e escuro
Remexe un pouco eso no vaso e alá vai.


Se prestades atención á foto (ampliade se queredes) verdes que dentro hai flotando unhas particulas escuras. Eso era do pó.

Que carafio era ese pó?

O que me estaba a preparar o rapaz na rúa é un nimbu pani, e o que leva dentro é (entre outras cousas) Chaat Masala. (Outro masala, pero diferente do Garam Masala/pó de curry).

Curioso, o moito que gostan das especias por estas latitudes. Ata van nas bebidas. E se me preguntades ¿notabaselle moito á bebida? Pois a verdade e que non moito, sabía máis a limón e non estaba tan doce.

No hay comentarios: