A ver, cunha cervexa pasteurizada (todas as industriais son pasteurizadas / microfiltradas - bueno, tiña curiosidade de que pasa co microfiltrado) non hai moita historia. O líquido é basicamente auga alcohol, e algunhas outras cousas máis. Pero nunha cervexa bio, hai levaduras. E ainda que non hai moito osixeno, seguramente algo pudo pasar. (En teoría esta fermentación na botella é o que xenera o gas) .
Coido que o máis interesante do choio é ... ¿como carallo tes unha cervexa de hai 15 anos? Pois sí que é unha bóa pregunta. Comprouse. Gardouse, esperando a poder tomala un día (era unha botella de 3/4, así que prestaba que viñera visita para tomar varios) e finalmente pasou o tempo e esquecemos de ela.
Tratase dunha cervexa francesa: Jade Biolóxica. Da cervexeira Castelain. Son do norte de Francia, tirando hacia Lille, case en Bélxica.
Tratase dunha cervexa francesa: Jade Biolóxica. Da cervexeira Castelain. Son do norte de Francia, tirando hacia Lille, case en Bélxica.
Aquí vai a proba de que é vella ... E se cadra é máis vella do que eu coidaba porque o 12/03 é a data de caducidade, así que a cervexa debe ser anterior.. E tamén interesante ... ¡¡ non é data de caducidade !! Se non que é data de consumo preferente. O cal quere dicir que os fabricantes confiaban en que a cervexa non mataría a ninguén.
Bueno imos ó tema:
- ¿Coma estaba de pousos? Pois tiña unha chea de eles. Ademáis co choio de movela para inspeccionala, remexin todo, e logo xa non deron asentado de novo. De feito máis ca pousos, o que estaba era turbia. De feito tivena que filtrar para tomala, porque o que tiña flotando tiña un aspecto un tanto feo.
- ¿Mantivo o gas? Pois francamente non. Debeuno perder, se cadra non o tiña de orixe. Pero a verdade quedou máis ben coma se fora unha sidra natural.
- Falando de sidra ... sabía medio a sidra. Isto pode ser porque en todo este temo fixo fermentación maloláctica. No viño embotellado pasa. Pode que na cervexa pase. Eu non vos son experto en fermentacións, pero segundo leo por ahí, si que hai cervexas que sufren fermentación láctica: especialmente as ácedas coma as lambic, e berliner weisse. Pero eu coido que neste caso foi algo que sucedeu co tempo, porque a Jade é unha rubia.
- ¿Estaba áceda? Pois un tanto ... pero eu pensaba que ía avinagrar coma pasa as veces co viño que queda vello, pero non tanto.
Resumo, quedou bastante estropeada (a coma se supoña que era a cervexa orixinalmente) pero era bebible. Non moi disfrutable, pero si que se bebía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario