Xa pasaron meses pero mira, no seu momento limiteime a falar do meu restaurante favorito de Funchal, así que agora haberá que falar un pouco máis da gastronomía e curiosidades da illa.
Unha das cousas que fai especial de Madeira é o seu clima: se ben está moi cerca do trópico coma é unha illa con moito monte hai unha variedade de clima. Na costa cultivaban banana e papaya, e nos montes do interior tiñan castiñeiros.
Aquí van dúas fotos do que cultivaba a xente nas súas leiras (na beira do mar) para que se vexa que lle poden dar a cousas máis exóticas ca nos:
Bueno, o certo é que no mercado (o famoso Mercado das Flores de Funchal ó que van todos os turistas) había de todo un pouco exótico que un quixese:
Aqui temosun pouco de todo, dende productos do vello mundo ata productos do novo mundo: eses verdes de embaixo á dereita son chayotes, chuchus ou pimpinela en Madeira. E logo temos leitugas, repolos, patacas, espinacas...
¿E isto que chaman banana-ananás? Pois é o fruto dunha planta que usamos moito en Galicia coma adorno: a costela de adán. Da este fruto que esta feito de exágonos, pero ten un sabor semellante ó platano. Por eso seguro que en Madeira lle teñen este nome.
Aquí voltamos a ter os sospeitosos habituales: repolos, leitugas... pero tamen rabanos ou nabos. E pepinos.
Tamén laranxas e uvas.
Esta combinación de productos de climas temperados con productos de zonas tropicais fai moi interesante as opcións culinarias en Madeira. O que si que teñen o problema de que non teñen moitas superficies para cultivar, así que a agricultura e bastante de subsistencia. Pero variedade ... teñen a eito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario