jueves, 1 de noviembre de 2018

Dandolle á carne

Imos a entrar en temas de cuñados: imos falar un pouco de carne. (Pero so un pouco, que tampouco queremos sacarlle o tema ós cuñados). Vale, en todas as cidades hai algúns restaurantes famosos pola carne (sexa arxentina ou non ... non toda a carne bóa ten que ser arxentina).

Pero en canto a carne galega, pois un dos lugares que máis calidade e confianza da (non é o único hai outros en Galicia) son os de Frigorificos Bandeira. De feito moitos dos chefs máis famosos de España compranlle a carne.

De feito dende o ano pasado xa hai unha IXP de Vaca Gallega / Buey Gallego (Que non quero dicir que a IXP sexa a solución a todo, pero está ben que a carne sacrificada con máis idade tamén teña a súa propia IXP).

Así que se topades nun restaurante carne de Bandeira, pois seguro que é carne de confianza. E está ben. E non pasa nada que non sexa de boi, a carne bóa non depende do xenero, e unha vaca esta tan coidada coma un boi.



Estes das fotos son unha chuleta (que non chuletón, pero coma é un animal grande ... é grandísimo) de Frigorificos de Bandeira que teñen no Restaurante La Molinera en Lalín.

Restaurante La Molinera:
https://www.facebook.com/restaurantelamolinera/ 
Teléfono: +34 986 78 20 55

No hay comentarios: