viernes, 8 de noviembre de 2019

Amargura

Hai uns anos popularizouse o termo de "supertasters": xente que ten as papilas gustativas máis activas do normal e nota a amargura moitísimo.  (Bueno, e tamén polo visto, o picante, e a graxa, e en xeral parece que todos os sabores).  Interesante o tema, iso explica porque a moita xente as cousas sábenlles máis intensas ca os demais.

Vale que despois hubo algún listo que se excusou nesto dos "supertasters" para xustificar porque a e non lle gustaban os vexetais (suponse que son as comidas que teñen máis compoñentes amargos). Historia que xa non creo tanto, porque as zenouras, os tomates, as cebolas, o calacú, .... non son amargos. Iso é so, que non lles gustan e punto.

Bueno, pois eu debo ser "infrataster". Sobre todo co paso dos anos, cada vez gosto máis das cousas amargas e cada vez menos das cousas doces.
  • das cervexas prefiro unha IPA ben amarga a unha de estas tostadas ou dobles que deixan un saborciño doce (e a Stout á Porter)
  • grelos ou brécol antes ca repolo branco ou coliflor 
  • o café e o ten, tomoos sen azucre (ben é certo que evito o café torrefacto este requeimado) 
  • o chocolate, negro 
  • o Fernet (si, ese licor amarguísimo que toman os arxentinos) antes ca o licor café (que normalmente é doce) 
  • amendoas e avelás sen torrar (así estan amargas) 
Pero deixemos o tema das miñas preferncias persoais (ainda que sairá o tema máis adiante).

Os galegos podemos pensar que somos dos campeóns nesto do amargo, dado que tomamos moitos grelos e nabizas... Pero coma en todo hai quen nos gana. Por exemplo os chinos e os mexicanos. Dos chinos non podo falar tanto, pero o tema dos mexicanos teñoo máis controlado.

En México ademáis de picante (e de poñerlle queixo fundido a todo), tamén gostan do amargo. Teñen a tradición de consumir quelites. Os quelites son varias castes de herbas do campo (que hoxendía xa son cultivadas), que adoitan ser bastante amargas.  Consumense polas suas propiedades medicinais, sobre todo por ser dixestivas. Pero o certo que é co paso do tempo xa se fai máis polo seu sabor (ademáis de amargo teñen outras sabores).

Unha das máis populares (e das máis amargas) é o epazote. O epazote é fundamental para moitas cousas: vai cos frijoles, vai ca salsa dos chilaquiles e quesadillas. Engadeselle os graus de millo para preparar os esquites. É utilizada case todos os días.






O choio é que normalmente usase para dar sabor, e en pouca cantidade (e moitas veces sácase cando se vai servir). Pero eu tiven a idea peregrina de facer un salteado de epazote e flor de calacú e tomalo en tacos:



 Na foto queda moi chulo, e ides pensar que foi o taco vexetariano definitivo. Pero na realidade, aquelo era tan amargo que cando o comias quedaba a gorxa seca e costaba darlle ó seguinte taco.
(Pero bueno, coma bo "infrataster" que son, comino todo .... pero non volvín a repetir o plato).

De ahí pensei que iso fora unha idea absurda miña e que os mexicanos non tomaban o epazote así. Pero mirade, o cabo dun tempo, a señora Guille (unha das miñas mestras nesto da cociña mexicana) invitoume a unhas quesadillas tamén de flor de calabaza con epazote.

(Se observades, as súas levan menos epazote e este está máis cociñado, así que se cadra iste era o segredo. De todas formas non pensedes que aquelo non amargaba. Ainda o facía).

Pois aquí queda esta pequena historia do amarga que é (as veces, a maioría dos platos non levan quelites) a cociña mexicana.

Hai un rato falei dos chinos. Os chinos tamén gostan de comida amarga. De feito alá teñen moita afición por un parente dos pepinos que é tremendamente amargo: Momordica charantia. Contan as historias que esta hortaliza é tremendamente amarga. Tanto que incluso alá en Asia a xente esta dividida entre a quen lles gusta e quen non o soporta. Eu non fun quen de probalo nunca así que non podo dicir canto amargo é. (Pero como podedes supoñer polo que comentei antes, teño ganas de probar canto ten de amargo).


O melon amargo este tamén é popular en India e Xapón. De feito esta foto ven de Xapón:

Goya Chanpuru Large.JPG
By User:Jpatokal - Cooked up, taken and hungrily devoured by Jpatokal at Contentshare Studios., CC BY-SA 3.0, Link

No hay comentarios: